domingo, 30 de abril de 2023

O MITMA xustifica as demoras nas obras do tramo da Variante Norte de Ourense "na tramitación dos desvíos dos servizos afectados e unha campaña xeotécnica complementaria"

 

Como consta en múltiples entradas deste blog, dentro das miñas obrigas de control parlamentario dos investimentos do Estado en Ourense, está o seguimento do devenir da Variante Norte de Ourense, que integrada na autovía A-56 Ourense-Lugo, divídese en dous tramos: Eirasvedras-Quintela e Quintela-A Casilla.

En relación co primeiro tramo Eirasvedras-Quintela o 14 marzo de 2023 os deputados populares ourensáns rexistramos varias preguntas escritas ao Goberno cunha misma exposición:

“El Mitma nos informó por escrito que el 17 de junio de 2022 comenzaron las obras del primer tramo de la A-56. Variante Norte de Ourense entre Eirasvedras y Quintela, pero finalizado 2022, al menos de forma visual no se apreciaron avances sobre el terreno. 

En la ley de PGE para 2022 habia para ese fin una partida presupuestaria de 2.000.000 €.

El Gobierno el 13 de febrero de 2023 acreditando una falta de respeto enorme a los derechos de los diputados, eludió responder a nuestra concreta pregunta del 11 de enero sobre la cifra ejecutada en ese ejercicio. Por ello insistimos.”

E as preguntas concretas eran

¿Qué explicación puede dar el Mitma al hecho de que desde que el 17 de junio de 2022 comenzaran formalmente las obras no se hayan apreciado movimiento de tierras ni actuación constructiva alguna en las obras del tramo de la A-56 Variante Norte de Ourense entre Eirasvedras y Quintela?

Con data 20 de abril de 2023 o Goberno contestounos:

“En las obras correspondientes al tramo de la A-56 (Lugo-Ourense): Variante Norte de Ourense, tramo Eirasvedras-Quintela se está tramitando el desvío de todos los servicios afectados al tratarse de una obra en medio urbano. Ha sido realizada además una campaña geotécnica complementaria. Se ha procedido también a un despeje de la zona expropiada y se ha ejecutado la demolición de las edificaciones afectadas.

Hasta que los mencionados servicios afectados no hayan sido desviados en su totalidad, no resultará posible iniciar la mayoría de los tajos.

Dado que la obra urbana ocasionará interferencias y afecciones al tráfico de los accesos de la ciudad de Ourense, se tratará de ejecutar en el menor tiempo posible desde que se inicien los desvíos provisionales tras la reposición de los servicios.”

¿Existe algún problema del Mitma con la UTE adjudicataria de las obras del primer tramo de la A-56. Variante Norte de Ourense entre Eirasvedras y Quintela, que justifique la patente demora en la ejecución de las obras? ¿Está tramitando el Mitma algún modificado? ¿De ser cierto que razones motivarían ese modificado?

Con data 20 de abril de 2023 o Goberno contestounos:

“En relación con el asunto interesado, se señala que en las obras correspondientes al tramo de la A-56 (Lugo-Ourense), Variante Norte de Ourense, tramo Eirasvedras-Quintela, se está tramitando el desvío de todos los servicios afectados al tratarse de una obra en medio urbano.

Dado que la obra urbana ocasionará interferencias y afecciones al tráfico de los accesos de la ciudad de Ourense, se tratará de ejecutar en el menor tiempo posible desde que se inicien los desvíos provisionales tras la reposición de los servicios.”

¿Cuál ha sido a fecha de respuesta la cifra exacta ejecutada en el ejercicio 2022 de la partida 2016 17 38 3691 de la A-56 Variante Norte de Ourense entre Eirasvedras y Quintela?”

Con data 20 de abril de 2023 o Goberno contestounos:

“Las obras del tramo de la Autovía A-56 (Lugo-Ourense), Variante Norte de Ourense, tramo: Eirasvedras – Quintela continúan de acuerdo con el programa de trabajos vigente”

Sinalar ademáis que, como todos os meses, fun hoxe pola mañá a visitar o lugar onde as empresas adxudicatarias do Mitma terían que estar executando as obras da Variante de Ourense, no treito entre Eirasvedras é Quintela.

Nesta ocasión apreciei dous pequenos movementos de terras nas proximidades da estrada N-120. Unha altura da nave de Bodegas Arnoya e outra pouco antes de rematar o camiño-pista da Vía Vella-Tar. Estas fotos o acreditan

Non había presenza de maquinaria, nin caseta de obras. Na gran explanada, onde tivo lugar a colocación da primeira pedra,  a herba seguía alta e os dous grandes carteis anunciadores da actuación impecables.

VALORACIÓN

Unha vez máis lembro que as obras do primeiro tramo do Variante Norte de Ourense entre Eirasvedras e Quintela iniciáronse o 17 de xuño de 2022Foron adxudicadas á UTE COPASA e Ferrovial por 29,3 millóns de euros. A duración do contrato, tal e como foi anunciada na licitación, é de 30 meses.

Logo o pasado 16 de setembro de 2022 tivo lugar o acto institucional de comezo das obras do tramo Eirasvedras-Quintela coa presenza da entón Secretaria de Estado, Isabel Pardo de Vera, do delegado do Goberno en Galicia, José Manuel Miñones e dunha pléyade de cargos socialistas. Nese acto foron sectariamente excluídos os representantes muncipais e os responsables do Partido Popular e das demais forzas políticas.

Con data 7 de outubro de 2022 o Goberno contestou a unha das nosas preguntas dicindo: “As obras do primeiro treito da Variante Norte de Ourense entre Eirasvedras e Quintela iniciáronse o 17 de xuño de 2022. Actualmente ese están a efectuar os replanteos topográficos, están a ocuparse leiras e xestionando os distintos servizos afectados”

Agora nas respostas do 20 de abril de 2023, coñecemos o motivo da demora: “que está a tramitarse o desvío de todos os servizos afectados ao tratarse dunha obra no medio urbano”. Que “foi realizada ademais unha campaña xeotécnica complementaria e que procedeuse tamén a un despexe da zona expropiada e executouse a demolición das edificacións afectadas”

E ademáis que “ata que os mencionados servizos afectados non fosen desviados na súa totalidade, non resultará posible iniciar a maioría dos tallos”.

E finalizan diciendo que “dado que a obra urbana ocasionará interferencias e afeccións ao tráfico dos accesos da cidade de Ourense, tratarase de executar no menor tempo posible desde que se inicien os desvíos provisionais tras a reposición dos servizos.”

O certo é que máis de dez meses despois do inicio formal das obras, a realidade é a descrita, e tendo en conta que o prazo contratado de duración das obras é de 30 meses, xa levamos consumido a terceira parte do prazo.

Agardemos que estas demoras, non sempre entendibles nin xustificables, rematen e vexamos maquinaria, operarios, estructuras,  en definitiva avances reais nas obras deste tramo. Iso é o que desexamos.

Desde logo o que non é de recibo é a negativa do Goberno a informar da cifra realmente executada para este tramo, e que estaba prevista nos PGE de 2022. Non dan contía nin porcentaxe. Esta opacidade móvenos á preocupación e a desconfianza. O mesmo cabe dicir, da calada por resposta do Goberno, diante da nosa pregunta sobre si existe un modificado en tramitación.

Seguiremos insistindo.

Remato, lembrando unha vez máis a importancia deste investimento para a cidade de Ourense, posto que unha vez executada a variante, solucionará os problemas da alta intensidade de tráfico que existen e posibilitará o proxecto municipal de conversión do tramo liberado da  N-120 no boulevard termal, tan ansiado polos ourensáns.

O TREITO EIRASVEDRAS-QUINTELA

O trazado deste primeiro tramo de 1,7 qm de lonxitude da variante Norte de Ourense, que se integrará na futura autovía A-56 entre Ourense e Lugo, ten a súa orixe na contorna da actual ligazón de  Eirasvedras da Autovía das Rías Baixas (A-52), onde actualmente existen dúas calzadas separadas de dous carrís por sentido na  N-120, enmarcándose nunha contorna  periurbano.  As dúas calzadas do variante Norte de Ourense proxéctanse conectando coas existentes, dando continuidade aos tráficos da  N-120 en ambos os sentidos.

O tramo finaliza na ligazón de Quintela, onde conecta de novo coa  N-120 á altura do núcleo de  Tarascón (p. k. 572). Neste punto, proxectouse unha conexión provisional que permitirá completar este primeiro tramo e poñelo en servizo, con independencia do segundo tramo do variante Norte de Ourense entre Quintela e A Casilla.

Ao longo do trazado deséñanse dúas novas ligazóns: a de Eirasvedras e a de Quintela.

O tramo inclúe, como obras singulares, un viaduto sobre a  N-120 e a liña ferroviaria Monforte de Lemos – Vigo (Viaduto de Quintela), unha nova ponte sobre o Río  do Porto e dous pasos inferiores, un baixo o tronco e outro baixo un dos ramais da ligazón de Quintela, que permitirá o cruzamento deste ramal sobre o ferrocarril Monforte de Lemos– Vigo.