Puxo en valor que os 13 senadores e 10 deputados da formación “representan e defenden a Galicia e aos galegos por enriba de todo ante os ataques frontais do Goberno central”.
Uns ataques que a secretaria xeral do PPdeG se enmarcan nunha estratexia de “facer oposición a Feijóo a través de Galicia” e á que os populares, tal e como reivindicou, fan fronte en todas as institucións: “Non nos queda outra que defender a Galicia con propostas fronte ás críticas, con proxectos fronte a insultos”.
Describindo os incumprimentos do Goberno central coa nosa Comunidade, a número dous dos populares galegos asegurou: “Sánchez prefire un voto antes que facer chegar os trens Avril e a Alta Velocidade a toda Galicia, antes que impulsar os proxectos estratéxicos dos fondos europeos, antes que paliar a falta de médicos, antes que a transferir a Galicia a AP-9 ou a xestión do noso litoral, e antes que impulsar o Corredor Atlántico”.
Fronte a todo isto e só a un mes das eleccións municipais, engadiu Prado, o Partido Popular “ofrece un proxecto nos 313 concellos” e afronta estes comicios con “313 candidatos e candidatas, 313 equipos de traballo e 313 formas de dicir si a unha xestión feita desde o rigor, a solvencia e o sentidiño”.