jueves, 2 de febrero de 2023

En xaneiro medra o paro rexistrado en Galicia (1,99%) e en Ourense (1,74 %)

 

O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de xaneiro de 2023.

Galicia:

Medra o paro rexistrado en Galicia no mes de xaneiro en relación co mes anterior en 2.826 persoas, un  1,99 %. 

O crecemento con respecto a decembro responde principalmente a causas estacionais: o paro acostuma subir nos meses de xaneiro polo fin da campaña de Nadal e, de feito, neste caso só aumenta o paro no sector servizos e, en maior medida, no comercio e na hostalaría. Aumenta tamén no Estado e en maior proporción.

O número de parados queda en 145.048, é a cifra de paro máis baixa de toda a serie histórica (1996) nun mes de xaneiro.

Por sectores, 4.809 son da agricultura, 15.051 da industria, 10.147 da construción, 103.423 dos servizos e 11.618 do colectivo sen emprego anterior.

Deles  60.474 son homes e 84.574 mulleres, 139.377 son maiores de 25 anos e 5.671 menores.

A nivel interanual, isto é, con respecto a xaneiro do ano pasado, 8.884 persoas sairon en Galicia das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 5,78 %. Cae nas 4 provincias e nas 7 grandes cidadesCae en todos os sectores económicos, liderando o descenso a agricultura e pesca (-16,12%) e a construción (-10,06%).

Por colectivos prioritarios, diminúe especialmente en menores de 30 anos (-8,04%); parados de larga duración (-7,27%) e mulleres (-4,61%): A cifra de parados menores de 30 anos (16.406) e de mulleres desempregadas (84.574) son as menores da serie histórica ( maio 2005) para un mes de xaneiro.

Ourense:

Medra o paro rexistrado en xaneiro en relación co mes anterior en 284 persoas, un 1,74 %,

O número de parados queda en 16.578 deles 7.011 son homes e 9.567 mulleres, 15.866 son maiores de 25 anos e 712 menores.

Por sectores, 838 son da agricultura, 1.774 da industria, 1.125 da construción, 11.351  dos servizos e 1.490 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto a xaneiro do ano pasado, 3.705 persoas sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 6,17 %.