martes, 3 de enero de 2023

En decembro baixa lixeiramente o paro rexistrado en Galicia e Ourense

 


O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de decembro de 2022.

Galicia:

Baixa o paro rexistrado en Galicia no mes de decembro en relación co mes anterior en 536 persoas, un  - 0,38 %. 

O número de parados queda en 142.222, que é a cifra de paro máis baixa de toda a serie histórica (1996) nun mes de decembro.

Por sectores, 4.818 son da agricultura, 15.017 da industria, 10.266 da construción, 100.323 dos servizos e 11.708 do colectivo sen emprego anterior.

Deles  59.848 son homes e 82.374 mulleres, 136.691 son maiores de 25 anos e 5.531 menores.

A nivel interanual, isto é, con respecto a decembro do ano pasado, 10.362 persoas sairon en Galicia das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 6,79 %. 

Baixa o paro na evolución mensual e anual e baixa o paro respecto de decembro de 2021 en todos os sectores de actividade, nas catro provincias e nas sete grandes cidades.

- Comportamento favorable dos colectivos con máis dificultades para atopar un emprego: menores de 30 anos (-11,28%), parados de longa duración (-8,77%) e mulleres (-6,22%).

- A cifra de parados menores de 30 anos e de mulleres desempregadas é a máis baixa da serie histórica (2005) nun decembro.


Ourense:

Baixa o paro rexistrado en decembro en relación co mes anterior en 152 persoas, un  -0,92 %,

O número de parados queda en 16.294 deles 6.958 son homes e 9.336 mulleres, 15.606 son maiores de 25 anos e 688 menores.

Por sectores, 851 son da agricultura, 1.793 da industria, 1.121 da construción, 10.999  dos servizos e 1.509 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto a decembro do ano pasado, 752 persoas sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 4,41 %.