miércoles, 2 de noviembre de 2022

No día de Todos os Santos

San Cibrao de Rouzós

Onte, primeiro de novembro e día de Todos os Santos, fun coa família ata o cemitério de Rouzós, que é unha pequena aldea que pertence a unha das once parroquias en que se divide o arciprestado de Amoeiro, pertencente á municipalidade do mesmo nome. Sitúase a uns 17 km de Ourense, na zona denominada como “Os Chaos de Amoeiro. A igrexa está baixo a advocación de San Cibrao. No entorno hai unha fermosa carballeira.

E tamén tiven ocasión de acudir a Expourense para vaciname da gripe e da cuarta dose da covid. Perfectamente organizado polo Sergas.

Ademáis fixen exercicio físico correndo polas ribeiras do Barbaña, comprobando así a notable mellora  do caudal deste afluente do Miño.

Por certo que as recentes choivas permitiron que a reserva hídrica dos embalses da conca Miño-Sil estén ao 41%.

A carballeira de Rouzós

O pequeno río Barbadas desemboca no Barbaña

As ribeiras do Barbaña 

No vacinódromo de Expourense