miércoles, 20 de julio de 2022

En Valdeorras vendo as tráxicas consecunencias dos incendios forestais que aínda seguen activos


Esta mañá os deputados populares por Ourense Ana Vázquez e Celso Delgado viaxamos pola estrada N-120 ata Valdeorras para ver a situación dos lunes que asolan esa comarca.

Primeiramente en Viloria, O Barco de Valdeorras, acudimos ao posto de mando avanzado, onde falamos con responsables do operativo da Xunta e tamén con oficias da Unidade Militar de Emerxencias, da Garda Civil e da Policía autonómica, e recibimos información sobre a situación do incendio forestal que se iniciaba o pasado xoves en Riodolas (Carballeda de Valdeorras) e que logo se estendía ao Barco e Rubiá que leva queimadas 9.000 hectáreas, segundo os últimos datos publicados pola Consellería do Medio Rural e continúa activo.

Fixemos un recoñecemento e agradecemento ao traballo dos equipos de extinción, do operativo da Xunta, das BRIFs, UME, bombeiros chegados doutras localidades, medios aéreos. E por suposto as Forzas e Corpos da Seguridade do Estado.

Logo contactamos co alcalde do concello de  Rubía, Elías Rodriguez e na sua compañía e a dos concelleiros Ignacio Doce e Isabel Arias, estivemos primeiro en Castelo, onde arderon 5 casas, 1 palleira e 1 alpendre. 

 logo na Veiga de Cascallá, que sufriu a chegada do lume, procedente de Éntoma tras cruzar o río Sil. As chamas practicamente voaron sobre os montes, remontando o curso do río Galir. Apenas houbo tempo para que a Garda Civil desaloxase aos veciños.

O lume e queimou unhas 15 casas, ademáis de alpendres e palleiras deixando un panorama absolutamente desolador.

Hoxe medios contratados polo concello limpaban de escombros os camiños e demolían nas edificacións os elementos que ameazaban con caer.












Xa de volta detivemonos no posto avanzado da Pobra de Brollón desde o que se xestionan os lumes rexistrados na provincia de Lugo, e recibimos noticias sobre o importante lume de Folgoso do Caurel

Puidemos comprobar en todas estas zonas a importante presenza de efectivos con motobombas así como as grandes cisternas da Axencia Galega de Emerxencias. E por suposto os grandes medios da UME.



Agora toca extinguir os incendios e avaliar os danos, para de seguido cuantificar as axudas que poidan recibir os damnificados.

O Grupo Parlamentario Popular prepara iniciativas parlamentarias para dar cumprida resposta desde o Congreso as consecuencias destos gravísimos incendios do mes de xullo que afectan ademáis de Galicia a moitas outras Comunidades Autónomas de España. Os deputados ourensáns estarem os moi pendentes delas.