sábado, 11 de junio de 2022

En Bande na inauguración oficial da 51 Festa do Peixe



Asisto onte, convidado pola alcaldesa de Bande, Sandra Quintas e pola miña compañeira deputada Ana Vázquez á inauguración oficial da 51 Festa do Peixe.

Un total de seis establecementos ofrecerán durante esta fin de semana tapas e racións co “ peixe” como protagonista. Troitas, bogas ou escalo que se poderán degustar fritos, pero tamén en empanada, tortilla, croquetas ou pizza.

Tamén haberá actuacións musicais e o domingo, ás 20,00 horas, están citados os pescadores que participan no concurso fluvial que, foi o xerme que propiciou esta festa, declarada de Interese Turístico de Galicia en 2013.


Unha festa para gozar.