viernes, 24 de junio de 2022

A provincia de Ourense gaña nun semestre 145 habitantes, acadando unha cifra total de 304.104 residentes



Difunde o 21 de xuño o Instituto Nacional de Estatística (INE)  os datos correspondentes Cifras de Poboación (CP) ao 1 de xaneiro de 2022 Estatística de Migracións (EM). Ano 2021. Datos provisionais . 

E así coñecemos que a poboación residente na provincia de Ourense ao 1 de xaneiro de 2022 situouse en 304.104 persoas (157.609 son mulleres e 146.495 son homes)o que supón un total de 145 habitantes máis que ao 1 de xullo de 2021 (303.059).

Este crecemento aínda que parece menor, ten moita importancia xa que desde que comezou este século só en dúas ocasións rexistráronse semestres con crecemento poboacional en Ourense. A primeira vez foi en xaneiro de 2007, cando se gañaron 163 residentes. A segunda ocasión foi en xaneiro de 2020, cando se produciu un incremento fronte ao semestre anterior de 93 persoas. 

En todo caso se comparamos a poboación da provincia de Ourense ao 1 de xaneiro de 2021 (305.151) fronte á actual, atopámonos cunha perdida poboacional de 1.047 habitantes.