Estación de Santiago.Marquesiña para taxis |
¿Está disposto ADIF-AV a instalar con urxencia na Praza da Estación Intermodal de Ourense unha marquesiña que protexa aos profesionais do taxi das inclemencias meteorolóxicas?
Hoxe os medios de comunicación informan respecto diso.
El PP solicita en el Congreso una marquesina para la intermodal (laregion.es)
Esta mañá ás 7:35 cheguei á estación intermodal de Ourense e segundo cheguei saquei unha foto da área de taxis nas que xa dous profesionais estaban a traballar. Ás 7:55 tomei o tren Avant e viaxe á capital de Galicia.
A inexistente marquesiña en Ourense |
Cheguei a Santiago ás 8:35 e segundo saín da estación preocupeime de ver en que situación estaba a parada de taxis e se dispoñía de marquesiñas.
Puiden ver xusto a man esquerda unha enorme marquesiña, ampla destinada aos taxistas que atenden as necesidades de mobilidade dos usuarios. Fixen estas fotos:
Estación de Santiago.Marquesiña para taxis |
Conclusión: Os taxistas ourensáns non poden ser discriminados en relación cos santiagueses.
ADIF debe reaccionar e dar unha resposta adecuada instalado o máis axiña posible unha marquesiña. É unha instalación necesaria e inaprazable.