Asisto hoxe en Santiago de Compostela, a una reunión da Xunta Directiva do PPdeG que convocou esta tarde o 18º Congreso do Partido Popular de Galicia, que se celebrará os días 21 e 22 de maio no recinto feiral de Pontevedra, cidade que por razóns epidemiolóxicas non puido acoller o conclave que tivo lugar o ano pasado. Así o manifestou o secretario xeral do PPdeG e vicesecretario de Organización Territorial do PP, Miguel Tellado.
Os integrantes da Xunta Directiva tamén aprobaron a proposta da dirección da formación para a Comisión Organizadora do Congreso, que será presidida por Elena Candia e que contará con Lucía Calvo como vicepresidenta, con Alberto Fuentes como secretario e cos vogais Carmen Seijas, Pablo Pérez, Sagrario Sánchez, Katy Varela, Ana Villarino e Evaristo Ben. Alberto Pazos, Juan Jácome, Emilio Romay, Julio Platero, José Luis Fernández e Luis Vergara forman parte do persoal técnico.
A partir deste momento, o cronograma a aplicar será o seguinte: os afiliados teñen un prazo de 15 días para inscribirse e poder participar no proceso electoral -remata o 3 de maio-. Xa ás 20:00 horas do 28 de abril acaba o tempo para que calquera afiliado ou candidata poida presentar a súa precandidatura á Presidencia do PPdeG -con 90 firmas de afiliados-.
A campaña empezará oficialmente o día 30 de abril, durará 10 días e finalizará o 9 de maio. O martes 10 de maio celebraranse as asembleas nas que haberá dúas urnas, unha para votar ao candidato a presidente do PPdeGe outra para elixir aos compromisarios. Cómpre sinalar que estes últimos están repartidos cun dobre criterio: afiliación e representación electoral.
A asignación é a seguinte: A Coruña terá 358 compromisarios, Lugo 204compromisarios, Ourense 309 compromisarios e Pontevedra 394compromisarios. Ademais, hai outros 215 compromisarios natos correspondentes aos membros da Xunta Directiva, 10 da Comisión Organizadora do Congreso e outros 10 máis procedentes dos representantes do partido na Emigración. “En total, 1.500 compromisarios que serán os encargados de escoller a nova dirección do partido”, dixo Tellado, que tamén explicou que a asignación por concellos dos compromisarios electos fixarase en Xuntas Directivas provinciais que se irán convocando a longo dos próximos días.
PRIMEIRA FORZA DE GALICIA E ALTERNATIVA AO GOBERNO CENTRAL
O secretario xeral asegurou que coa renuncia de Alberto Núñez Feijóo como presidente do PPdeG péchase unha das etapas de maior prosperidade da historia da Comunidade -somos líderes en Sanidade, en políticas sociais, en Educación, en baixadas de impostos e pago da débeda, e superamos unha crise económica e outra sanitaria con mellores resultados que o resto de España-.
Segundo insistiu, “o legado do presidente Feijóo é unha Galicia mellor, orgullosa de si mesma e máis preparada para afrontar os grandes retos de futuro”, recalcou. Nese senso, referiuse a dous grandes desafíos políticos:seguir sendo o primeiro partido de Galicia e construír unha alternativa ao Goberno de España.
Tras resaltar a gran ilusión que supón o inicio da nova etapa do Partido Popular con Feijóo como líder nacional, Tellado aclarou que non se perde un presidente Galicia senón que se gañan dous: “Un na Xunta e outro noGoberno de España”.