O martes desta semana, o BOE publicou o anuncio de formalización de contratos da: Dirección General de Carreteras. Obxecto: Control e vixilancia das obras: 13-OR-4600.A Variante de Ourense. Tramo: ligazón Eirasvedras coa N-120 no P.K. 573,800 - ligazón Quintela coa N-120 en P.K. 572,00,
A data de adxudicación foi o 9 de marzo de 2022. A empresa adzudicataria ICEACSA-CEMOSA. O valor da oferta seleccionada foi de 793.715,12 euros.
Lembremos que o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana (Mitma) no pasado mes de marzo adxudicou o contrato de obras da “Variante de Ourense. Tramo: Ligazón de Eirasvedras coa N-120 no seu p. k. 573,800 – Ligazón de Quintela coa N-120 no seu p. k. 572,000”, na provincia de Ourense. O importe de adxudicación a COPASA e Ferrovial ascendeu a 29,3 millóns de euros.