Ata o Palacio de Congresos e Exposición de Sevilla desprazouse onte unha numerosa representación delegación ourensá composta por máis dun cento de persoas, entre compromisarios electos, natos e invitados. “Una gran delegación do PP de Ourense para arroupar a un ourensán como Alberto Núñez Feijoo, que desde esta fin de semana vai presidir o partido a nivel nacional e, sen dúbida, vai ser o presidente da nación”.
Manuel Baltar pasará a formar parte do novo Comité Executivo Nacional do Partido Popular, converténdose no primeiro presidente da formación en Ourense que ocupa un posto neste órgano de dirección. “Unha gran noticia para a nosa forza política e para o futuro do país”, declarou Baltar tras coñecer a composición do Comité Executivo proposta polo candidato á presidencia nacional, Alberto Núñez Feijóo, no plenario do XX Congreso Nacional Extraordinario que o PP celebra en Sevilla.
“Como presidente do partido de Ourense estou sumamente orgulloso da confianza posta en min por Feijóo para integrarme no seu equipo”, recoñeceu Manuel Baltar. “Como el mesmo dixo, agora haberá dous de Ourense no comité”, engadiu, subliñando que este é un paso máis na representatividade dunha formación como a ourensá que foi quen de conseguir históricas porcentaxes de apoio e os mellores resultados electorais nas diferentes convocatorias –locais, xerais, autonómicas e europeas-, mesmo con resultados non superados por ningún outro partido de calquera formación en calquera provincia. |