miércoles, 2 de febrero de 2022

En xaneiro medrou o paro en Galicia e Ourense

O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de xaneiro de 2022.

Son os seguintes:


Galicia:


Medra o paro en relación co mes anterior en 1.348 persoas ( 0,88%), quedando situado en 153.932 persoas, . É a cifra máis baixa nun mes de xaneiro de toda a serie histórica.  A cifra do paro continúa a niveis precovid-19, afastada do número de desempregados que había no inicio da pandemia (xaneiro de 2021:153.932 parados // marzo 2020: 174.481 parados). 


Deles 65.274  son homes e 88.658 mulleres. Por sectores, 5.733 son da agricultura, 16.669 da industria, 11.282 da construción, 108.665 dos servizos e 11.583 do colectivo sen emprego anterior.


Con respecto aos datos do paro na evolución anual, a baixada do desemprego foi do -17,23 % (-32.052 persoas).  


Este descenso acadado  é o maior de toda a serie histórica de datos nun mes de xaneiro e supón que Galicia acumula xa 10 meses consecutivos de baixada do paro na evolución anual. O desemprego cae nas principais variables: nas catro provincias, nas sete grandes cidades, en todos os sectores económicos, nos menores de 30 anos, nas mulleres, nos maiores de 44 e nos parados de longa duración. As cifras de mulleres e de menores de 30 anos desempregados son as menores nun mes de xaneiro de toda a serie histórica destes datos (2005).


Ourense:


Medra o paro rexistrado en xaneiro en relación co mes anterior en 151  persoas, un 0,89 %.


O número de parados queda en 17.197 deles 7.438 son homes e 9.759 mulleres, 16.448 son maiores de 25 anos e 749 menores.


Por sectores, 952 son da agricultura, 1.911 da industria, 1.298 da construción, 11.594 dos servizos e 1.442 do colectivo sen emprego anterior.


A nivel interanual, isto é, con respecto a xaneiro do ano pasado, 3.584 persoas sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do -17,25 %.