Onte soubemos que a Comunidade de Madrid iniciou accións xudiciais contra o Goberno de España pola concesión directa de subvencións por valor de 9 millóns de euros a catro rexións, País Vasco, Navarra, Comunidade Valenciana e Estremadura, utilizando para iso recursos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, é dicir, fondos procedentes da Unión Europea para facer fronte aos efectos provocados pola pandemia.
En
concreto, presentou un recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal
Supremo polo Real Decreto 902/2021, do 19 de outubro, sinalando que carece de
calquera motivación ou xustificación achega do carácter nacional ou supraautonómico das actuacións que financia:
son proxectos concretos e específicos de catro rexións que non gardan ningunha
relación funcional entre sí.
Ademais
sostén que, os proxectos están vinculados a competencias autonómicas -fomento
do emprego-, e os fondos destinados aos mesmos deben estar xestionados polas
administracións rexionais salvo excepcións, como sería, por exemplo, no caso de
tratarse de accións de ámbito nacional ou que requiran dalgún tipo de
coordinación.
Diante
deste mesmo tema, a Xunta de Galicia ven
de facer un requirimento ao Consello de Ministros, previo á posible impugnación
en vía contencioso administrativa, para que revogue o decreto que regula o
reparto, con xustificacións de peso:
-
Porque vulnera a competencia autonómica para a execución das políticas activas
de emprego.
- Vulnera
ademais as competencias da Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Sociais
que fixa os criterios de distribución e asigna as cantidades ás CC.AA.
- O procedemento extraordinario elixido,
ataca os principios básicos da concesión dos fondos ao outorgarse sen
motivación rigorosa, e faltando á necesaria publicidade, transparencia,
concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.
A
entrega destes fondos fíxose ás costas das comunidades autónomas. Agardamos
unha resposta pronta e satisfactoria do Goberno central. Galicia non pode
tolerar estes favoritismos e menos nun momento no que a recuperación da
actividade económica é prioritaria para todos os territorios.