Visito esta tarde o Mosteiro de San Pedro de Rocas, que acaba de recibir un dos premios da Cultura Galega 2021 que otorga a Xunta de Galicia na modalidade de Patrimonio Cultural.
Falamos do probablemente conxunto cenobítico mais antigo de Galicia, ademais de ser un singular exemplo de igrexa rupestre, escabada na rocha viva na Ribeira Sacra. Situado na parroquia de Rocas, concello de Esgos, ocupa unha superficie de arredor de 30 hectáreas no que foi un convento creado no século VI. É o único cenobio que mostra pegadas e elementos materiais que denotan a máis antiga vida eremítica do noroeste peninsular e que, ademais, evidencia culto pagán prehistórico, precedendo en varios séculos ao culto cristián, pegadas, restos arqueolóxicos e materiais que se conservaron ao longo do tempo.É, ademais, unha das xoias naturais, paisaxísticas, medioambientais, históricas, arqueolóxicas, artísticas e antropolóxicas do conxunto da Ribeira Sacra mais destacadas, sendo o conxunto monumental máis visitado da Ribeira Sacra e un dos tesouros patrimoniais máis importantes da provincia de Ourense. San Pedro de Rocas é Patrimonio Histórico desde 1923, e Ben de Interese Cultural (BIC), na categoría de Paisaxe Cultural, desde 2018. Propiedade da Deputación Provincial de Ourense, celebrarase en 2023 o seu centenario como monumento nacional.
Engadir a
beleza e frondosidade do entorno, resaltado polas cores do outonono, como
acreditan estas fotos.
https://www.aribeirasacra.info/san-pedro-de-rocas.html
https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/5218/san-pedro-de-rocas?langId=es_ES&tp=8&ctre=33