miércoles, 3 de noviembre de 2021

En outubro baixa o paro en Ourense e medra en Galicia


O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de outubro de 2021.    

Son os seguintes:

Galicia: Medra o paro en 991 persoas (0,65%), quedando situado en 154.045  persoas. A subida do paro na evolución mensual é un feito habitual en outubro tras o fin da campaña da vendima.

Con respecto aos datos do paro na evolución anual, a baixada do desemprego foi do -15,04% (-27-262 persoas). 

Descende nas principais variables: nas catro provincias galegas e nas sete grandes cidades; en todos os sectores económicos; nos menores de 30 anos; as mulleres; maiores de 44; e parados de longa duración. 

A cifra de mulleres e de menores de 30 anos desempregados son as máis baixas nun outubro de toda a serie histórica de datos (maio 2005).

Ourense:

Baixa o paro rexistrado en outubro en relación co mes anterior en - 34  persoas, un - 0,19 %.

O número de parados queda en 17.573 deles 7.350 son homes e 10.223 mulleres, 16.675 son maiores de 25 anos e 898 menores.

Por sectores, 963 son da agricultura, 1.977 da industria, 1.216 da construción, 11.831 dos servizos e 1.586 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto a outubro do ano pasado, 2.895 persoas sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do -14,14 %