Seguindo pola televisión a intervención do presidente Feijóo no debate sobre o estado da Autonomia de Galicia


Compaxino hoxe desde Madrid, o seguimiento do Pleno do Congreso co visionado en directo pola canle do Parlamento de Galicia do discurso do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Unha intervención que apertura o Debate anual de Política Xeral e que acaba de rematar.

Este é un breve resumo:

FEIJÓO PROPÓN UNHA RECUPERACIÓN Á GALEGA: XUSTA, QUE ACHEGUE OS NOSOS VALORES AOS CAMBIOS QUE SE ESTÁN A PRODUCIR E QUE INCORPORE PLENAMENTE A GALICIA AOS CAMIÑOS DO PROGRESO SENSATO
 
 
GALICIA: RIGOR, NORMALIDADE DEMOCRÁTICA E ESTABILIDADE
 
O PRESIDENTE DA XUNTA INICIA O SEU DISCURSO CUN RECORDO A VALERIANO MARTÍNEZ E ANUNCIA QUE AS CONTAS QUE DEIXOU “PRACTICAMENTE LISTAS” SE PRESENTARÁN A VINDEIRA SEMANA
 
- Traslada o agradecemento por todas as mostras de efecto, procedentes de todos os lugares xeográficos e ideolóxicos, para unha persoa que dedicou toda a súa vida profesional a traballar por Galicia 

COMPARA A NORMALIDADE DEMOCRÁTICA GALEGA COA INESTABILIDADE DE ESPAÑA, ONDE NON SE CELEBRA UN DEBATE DO ESTADO DA NACIÓN DESDE HAI CASE 7 ANOS
 
- Salienta que Galicia volve afrontar o Debate sobre o Estado da Autonomía cando lle corresponde e terá tamén os orzamentos para 2022 “cando toca” 

ASEGURA QUE GALICIA SEGUIRÁ SENDO O LUGAR ONDE MIRAR PARA ATOPAR DEBATES SERENOS E DEFENSA DO MARCO CONSTITUCIONAL E DO AUTONOMISMO
 
- Afirma que Galicia seguirá sendo o lugar onde as prioridades do Goberno son as prioridades “da nosa xente” 
  
 
UNHA NOVA FASE: VOLVER MIRAR CARA ADIANTE, SEN ESQUECER O QUE DEIXAMOS ATRÁS
 
ANUNCIA QUE A PRÓXIMA SEMANA LEVANTARASE A EMERXENCIA SANITARIA E CONTROLARANSE OS POSIBLES BROTES MEDIANTE A LEI DE SAÚDE ACTUALIZADA NA PANDEMIA

 
- “Estamos no punto máis próximo ao que tiñamos en febreiro de 2020. Vese, agora si, a luz ao final do túnel”, di, dando novamente as grazas a maioría dos galegos polo comportamento exemplar

- Recorda que a Comunidade seguirá con distancia social e máscaras en interior, conforme á lei estatal 
 
AVANZA QUE SE ERIXIRÁ UN MONUMENTO QUE MANTEÑA VIVO O RECORDO DOS FALECIDOS DURANTE A PANDEMIA E O ESPÍRITO DOS GALEGOS PARA COMBATELA
 
- “Un monumento que, en definitiva, sirva de recordo para as xeracións vindeiras do que ocorreu, e tamén de exemplo por como respondemos”, di 

A GALICIA FAMILIAR, INNOVADORA, VERDE E MOZA CLAVE NO MUNDO QUE VÉN
 
A XUNTA APROBARÁ UN NOVO PLAN ESTRATÉXICO ANTES DE QUE REMATE O ANO CO FIN DE QUE GALICIA SEXA ACTOR CLAVE NO NOVO PARADIGMA SOCIAL E ECONÓMICO

 
- Constata que a pandemia puxo en evidencia a importancia dos coidados e dunha Galicia familiar e moza, someteu a unha dura proba á Galicia innovadora e fixo aínda máis evidente o acerto de seguir apostando pola Galicia verde 
 
 
REFÍRESE AO RETO DEMOGRÁFICO COMO “O PROBLEMA NÚMERO UN” E PIDE UN DEBATE NACIONAL ORIENTADO A CAPTAR POBOACIÓN ESTRANXEIRA DE FORMA LEGAL E ORDENADA
 
- Recorda que a Comunidade ten abertas as portas para todos os galegos do exterior, “porque esta sempre foi e sempre será a súa casa” 

FEIJÓO ANUNCIA QUE A PARTIR DO VINDEIRO CURSO TODAS AS ESCOLAS INFANTÍS DE GALICIA SERÁN 100 % GRATUITAS
 
- Precisa que esta medida, que situará a Galicia á vangarda de España, afectará as escolas públicas, as de iniciativa social, as privadas e tamén as municipais dos concellos que estean ao día co Consorcio; e será para todos os nenos, tamén para os primoxénitos 
 
APOSTA POR SEGUIR A FOLLA DE RUTA GALEGA: MÁIS INVESTIMENTO, MENOS IMPOSTOS E CONTROL DA DÉBEDA
 
- “Os Next Generation son unha ocasión irrepetible para transformar a economía. E os erros de xestión, a arbitrariedade e a falta de transparencia do Goberno non poden convertelos nunha oportunidade perdida”, recalca 

MOSTRA O SEU REXEITAMENTO Á SUBA FISCAL MASIVA ANUNCIADA POLO GOBERNO CENTRAL E GARANTE QUE GALICIA VOLVERÁ BAIXAR IMPOSTOS O ANO QUE VÉN
 
- Recorda que desde o ano 2009 logrouse que os galegos dispuxeran de máis de 1.000 millóns de euros nos seus petos, grazas á baixada de impostos 

PIDE AO GOBERNO QUE SEXA ÁRBITRO IMPARCIAL NO DEBATE DO NOVO SISTEMA DE FINANCIAMENTO AUTONÓMICO E NON O EMPREGUE COMO CONTRAPARTIDA PARA CONTENTAR AO INDEPENDENTISMO
 
- Anuncia que o próximo 2 de novembro, Galicia, Asturias, Aragón, Castela e León, Castela A Mancha, A Rioxa, Cantabria e Estremadura reuniranse en Santiago para abordar este asunto

- Confirma que a vindeira semana manterá un encontro co presidente andaluz, para analizar tamén esta materia 


BLINDAR OS SERVIZOS PÚBLICOS: UNHA PRIORIDADE ANTES E DESPOIS DA PANDEMIA
 
FEIJÓO AVANZA QUE O GASTO SOCIAL VOLVERÁ AUMENTAR O PRÓXIMO ANO ATA O 71,1 %
 

- Confirma que os orzamentos do ano que vén volverán poñer no centro a Sanidade, a Educación e a Política social 

DI QUE O SERGAS ESTA PREPARADO PARA A 3ª DOSE DA VACINA CANDO DIGAN OS EXPERTOS
 

- Destaca como outra das prioridades completar o plan de recuperación da actividade ordinaria

- Subliña que a saúde mental é un obxectivo de lexislatura como se pon de manifesto no Plan de saúde mental, que contará con 83M€ para os próximos catro anos 

INSISTE NA PETICIÓN AO GOBERNO CENTRAL DE MÁIS PRAZAS MIR PARA ATENCIÓN PRIMARIA E A ELIMINACIÓN COMPLETA DA TAXA DE REPOSICIÓN
 
- Afirma que o compromiso coa Atención Primaria tamén se reflicte nos orzamentos, representando un terzo do total do gasto sanitario 
 
A PARTIR DE 2022 IMPLANTARASE O NOVO MODELO DE RESIDENCIAS, QUE INCLUIRÁ GRUPOS MÁXIMOS DE CONVIVENCIA E UNIDADES DE COIDADOS TRAS ALTAS HOSPITALARIAS 
 

- Precisa que todas as residencias novas deberán estar divididas en unidades de convivencia de 25 persoas como máximo, que servirán como pequenos fogares dentro de cada centro

- Por outra banda, garantirase que o Servizo de Axuda no Fogar, o Xantar na casa ou a atención en centros de día, chegue cada vez a máis persoas; e apostarase polas casas do maior, chegando a preto de 100 este ano

- Confirma que no primeiro semestre de 2020 retomarase o autobús de Coidados porta a porta, que chegará a 200 concellos; 

REIVINDICA A MELLOR DÉCADA DA EDUCACIÓN GALEGA E ASEGURA QUE A NOVA ARQUITECTURA E A TRANSFORMACIÓN DIXITAL PERMITIRÁN QUE SIGA SENDO GARANTÍA DE CALIDADE, OPORTUNIDADES E FUTURO
 
- Crearase un centro especializado no ensino dixital e na innovación e investigación educativa, con sede no Edificio Fontán da Cidade da Cultura 
 

UNHA GALICIA MÁIS INNOVADORA E MÁIS VERDE PARA AFRONTAR OS RETOS DO NOVO PARADIGMA ECONÓMICO
 
APLAUDE O ESFORZO COLECTIVO QUE FIXO POSIBLE TER XA MENOS PARO E MÁIS AFILIACIÓNS QUE ANTES DA PANDEMIA

 
- Afirma que o mérito é daqueles sectores que foron capaces de crecer pese á pandemia -o agroalimentario, o do mar ou o tecnolóxico-; e tamén dos que, tras verse fondamente afectados, volveron abrir para comezar a recuperarse 

REIVINDICA O BALANCE TURÍSTICO DO VERÁN E COMPROMETE UNHA PROGRAMACIÓN XACOBEA PARA 2022 “Á ALTURA DO QUE NOS PERDEMOS EN PANDEMIA”
 
- Subliña que Galicia foi percibida como destino seguro e incide en que ten por diante unha década xacobea para amosar todo o seu potencial

- Agarda que o Goberno siga implicado co Ano Santo bienal, coa: a extensión das desgravacións fiscais ao próximo ano, a priorización do Camiño nas campañas de Turespaña no exterior, ou un Plan de melloras no Camiño que complete ao esforzo xa feito pola Xunta 

ANUNCIA UN PACTO COS AXENTES SOCIAIS PARA GARANTIR QUE A FORMACIÓN  ESTEA ADAPTADA Á DEMANDA: “EN MATERIA DE EMPREGO TODOS A UNHA”
 
- Por primeira vez haberá préstamos parcialmente reembolsables, de xeito que os investidores que se acollan a eles non teñan que devolvelos totalmente se materializan un investimento que xere riqueza e emprego.

- A Xunta, entre outras medidas, seguirá incentivando o consumo; mantendo as bonificacións para adquirir solo industrial e acompañando os proxectos empresariais 

A XUNTA CREARÁ A CARREIRA INVESTIGADORA PARA  QUE TODOS OS INVESTIGADORES PÚBLICOS TEÑAN UN MARCO COMÚN DE PROFESIONALIZACIÓN E ESTABILIDADE
 
ADVIRTE DE QUE A CRISE INDUSTRIAL NON É UNHA TRANSICIÓN XUSTA SENÓN TODA UNHA RECONVERSIÓN FEITA ÁS BRAVAS QUE CÓMPRE IMPEDIR

 
- Deseñarase un polo enerxético para a transformación da industria a través da introdución do hidróxeno verde na industria e o transporte, así como medidas vinculadas ao almacenamento enerxético 

PROPÓN ESTUDAR SE É VIABLE UBICAR A FÁBRICA DE FIBRAS TEXTILES NA PROVINCIA DE LUGO
 
- Segue a defender unha intervención temporal da planta de Alcoa por parte do Goberno, así como unha solución que impida o peche de Vestas 

PIDE AO GOBERNO CENTRAL CREAR UNHA ZONA FRANCA EN FERROL E QUE A XUNTA SE INCORPORE AO CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DE NAVANTIA
 
- Anuncia a creación dunha delegación da Xunta en Ferrol 

A XUNTA SEGUIRÁ TRABALLANDO PARA ACADAR UNHA GALICIA VERTEBRADA E ACCESIBLE PARA TODOS ADAPTADA ÁS NECESIDADES DA GALICIA ACTUAL
 
- Anuncia máis descontos e transbordos gratuítos, coa previsión de bonificar case 18 millóns de desprazamentos en transporte público cada ano

- Nos vindeiros meses, os membros das familias numerosas poderán desfrutar de descontos adicionais de entre o 20 e o 50% nas súas viaxes en autobús

- “Seguiremos vixiantes para que a entrada do AVE en Galicia, prevista para decembro, se faga garantindo uns tempos competitivos”, asegura 


40 ANOS DE AUTONOMÍA: UN MODELO POLÍTICO GALEGO PLURAL, ESTABLE, PARTICIPATIVO E ABERTO A TODOS
 
PROPÓN DESAPRENDER A FRIVOLIDADE E A INESTEBILIDADE DA POLÍTICA NACIONAL E AVOGA POLA MODERACIÓN GALEGA

 
- Sostén que estes 40 anos de autogoberno proban que son máis útiles as medidas que o ruído 

 



Con la tecnología de Blogger.