O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de setembro de 2021.
Son os
seguintes:
Galicia:
Medra o paro en 1.790 persoas (1,18 %), quedando situado en 153.054 persoas É un feito habitual que o desemprego aumente en Galicia no mes de setembro co fin da campaña de verán.
O único sector económico no que aumentou o desemprego con respecto a agosto foi o dos servizos cunha subida do 1,86%. Pola contra, o paro baixou na construción (-1,49%), no sector primario (-1,12%) e na industria (-0,98%). Setembro é o único mes de todo o ano no que o desemprego subiu en Galicia, e compre lembrar que no transcurso deste ano descendeu o paro ao longo de 8 meses consecutivos.
Con respecto aos datos do paro na evolución anual, a baixada do desemprego foi do -13,32% (-23.520 persoas), a maior caída de toda a serie histórica de datos (1996) nun mes de setembro, recuperando as cifras de desemprego anteriores ao comezo da pandemia. O paro, ademais, sitúase a un nivel inferior ao reflectido en setembro de 2008, ao inicio da crise económica hai 13 anos.
O desemprego descende nas
catro provincias galegas e nas sete grandes cidades e en todos os sectores
económicos, liderando a caída o sector primario (-19,63%) seguido da
construción (-18,71%). A cifra de mulleres desempregadas é, ademais, a máis
baixa nun setembro desde 2007 e a de menores de 30 anos a menor de toda a serie
histórica (maio 2005). O paro tamén descende nos parados de longa duración.
Con respecto á comparativa co Estado, a baixada rexistrada en Galicia (-13,32%) mantense na media de caída rexistrada no Estado (-13,73%).
Ourense:
Medra o paro rexistrado en setembro en relación co mes anterior en 194 persoas, un 1,11 %.
O número
de parados queda en 17.607 deles 7.188 son homes e 10.419 mulleres, 16.774 son
maiores de 25 anos e 833 menores.
Por
sectores, 815 son da agricultura, 1.959 da industria, 1.258 da construción,
12.018 dos servizos e 1.557 do colectivo sen emprego anterior.
A
nivel interanual, isto é, con respecto a setembro do ano pasado, 2.102 persoas
sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do
10,67 %