En agosto medra a afiliación á Seguridade Social en Galicia e manténse por enriba do millón

 

Coñecemos hoxe os datos de afiliación media á Seguridade Social no mes de agosto facilitados polo Goberno.

Galicia: 

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado agosto en 1.039.470 ocupados, cifra que supuxo un aumento de 3.198 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (0,31 %).

Galicia mantense no pelotón das comunidades autónomas que seguen a xerar afiliacións fronte ao descenso de cotizantes experimentado no conxunto do Estado. De feito, é a terceira con maior alza nas afiliacións en agosto respecto de xullo de 2021, soamente precedida por Canarias e Baleares. A comunidade mantense por enriba do millón de afiliacións á Seguridade Social 

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou un aumento de 26.676 ocupados (2,63 %). 

A afiliación ao Réxime Xeral terminou agosto con 809.404 afiliados medios, o Réxime de Autónomos con 209.745 afiliados medios, e o Réxime do Mar finalizou con 20.322 afiliados medios.

Ourense:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado agosto en 104.066  ocupados, cifra que supuxo un aumento de 475 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (0,46 %). 

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un aumento de 1.486 ocupados (1,45 %). 

A afiliación ao Réxime Xeral terminou agosto con 80.757 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 23.309 afiliados medios. 

 

 

Con la tecnología de Blogger.