martes, 17 de agosto de 2021

A actividade do sector servizos sobe un 22,9% en xuño en Galicia


Coñecemos hoxe polo IGE partindo dos datos sobre INE que o indicador de actividade no sector servizos rexistrou no mes de xuño en Galicia un incremento do 22,9% respecto ao mesmo mes do ano anterior. A nivel nacional, a cifra de negocios no sector servizos aumentou  o 21,7%.

No Comercio incrementou a facturación o 20,0% e nos outros  servizos o 31,7%.

En España a facturación no Comercio aumentou o 18,7% e nos Outros servizos o 28,7%.

Nas actividades comerciais, o Comercio por xunto creceu o 25,4%, co que achega 12,4 puntos a taxa de variación do índice xeral, a Venta e reparación de vehículos de motor aumentou un 24,1% e o Comercio ao retallo un 5,0%. A nivel nacional, a Venta e reparación de vehículos de motor creceu o 15,2%, o Comercio por xunto o 25,3% e o Comercio ao retallo o 6,8%.

En todas as comunidades autónomas aumentou a cifra de negocios.

O persoal ocupado no sector servizos aumentou en Galicia un 3,7% e en España un 3,4% respecto ao mesmo mes do ano anterior.

Todas as comunidades autónomas rexistraron incrementos do persoal ocupado agás Canarias.