Visito esta mañá as instalacións do Parque Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole, para dar entrevistarme co seu novo director, Javier Taibo, que foi nomeado moi recentemente pola Consellería de Economía, Emprego o e Industria de la Xunta de Galicia que preside a sociedad xestora.
Taibo realizou
estudos de Física na Universidade Autónoma de México, pero desde os seus
inicios estivo traballando en telecomunicacións e formación tecnolóxica. Xa en
España, desempeñou o cargo de Director Corporativo de Mercados e Tecnoloxía en
Soluziona (hoxe integrada en Indra).
Desde 2005 traballou en Egatel -empresa
situada en Tecnópole-, onde exerceu como
Director de Vendas Internacional e en
2012 foi nomeado Director Xeral, logrando posicionar á empresa no mercado
internacional e que fose unha marca recoñecida a nivel mundial para a difusión
de sinais de televisión terrestres, así como comunicacións satelitales.
Foi membro de
comité de dirección do Agrupación industrial TIC Galicia, membro do comité de
dirección de AMETIC, patrón de Gradiant
e vicepresidente de INEO.
Tratouse dunha reunión opotuna posto que está preparando un plan extratéxico de negocio plurianual, escoitando aos empregandos e socios da sociedad xestora, así como coas empresas do Parque e mantendo contactos institucionais.
Falamos de como a Tecnópole vai ser un verdadeiro soporte para a actividade dos sectores económicos e dos emprendedores, axudándolles na consecución da transición ecolóxica e dixital. E das inciativas para captar novas empresas vencelladas á dixitalización e de base tecnolóxica, da captación de talento, da transferencia de coñecemento e do proxecto de ampliación de espazo para albergar novas empresas.
Na miña condición de deputado por Ourense e presidente da Comisión de Asuntos Económicos e Transformación Dixital ofrecinme a axudar en todo canto fose posible, tanto no que se refire a intercambiar información como a transmitir as necesidades da Tecnóple aos Ministerios e entes da administración central involucrados así como na presentación de iniciativas parlamentarias en beneficio do Parque.
É moi importante neste momento prestar especial atención aos fondos europeos NextGeneration, que apoiarán proxectos ecolóxicos e dixitais, vitais para a reactivación económica
Sen dúbida este Parque Tecnolóxico precisa dun novo impulso para compaxinar os seus obxectivos propios coas necesidades do tecido empresarial de Ourense e de toda Galicia.