Feijóo sinala que a súa formación ten que ser “cooperación, alianza e entendemento” e di que non hai mellor guía para gobernar que parecerse ao pobo


Participo hoxe na sesión de clausura do 17 Congreso do Partido Popular de Galicia, na que o presidente electo dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, que foi 
elixido con 801 votos a favor -98,3%-, asumiu o liderado da formación con ganas e ilusión de máis e pedindo aínda maior compromiso para seguir mellorando Galicia.  

Tras recalcar que as vitorias do PPdeG son de todo o partido, un éxito colectivo, indicou que se pon, de novo, ao servizo da súa formación porque non se conforma cos éxitos xa celebrados e porque hai tarefa por diante. Dese xeito, aseverou que se debe a Galicia, engadindo que o seu compromiso é que a Comunidade se siga superando para que a de 2030 “nos faga sentirnos orgullosos”.

 

O PARTIDO POPULAR, A ÚNICA ALTERNATIVA


Durante a súa intervención, afeou a política sen proxecto, que dá as costas ao consenso, a que pretende instalar o pensamento único ou que se somete aos caprichos do independentismo. Sobre isto, avogou pola cooperación, a alianza e o entendemento: “Que non nos contaxien esa tendencia a converter a política nunha especie de xungla, porque así sempre estaremos no precipicio, e o que é peor, estará España”. 

 

Por iso, salientou que só hai unha alternativa, a do Partido Popular, manifestandoque, alí onde os populares teñen a confianza dos cidadáns para gobernar, teñen tamén o deber de sinalar e demostrar que hai outro camiño. 

 

A COMUNIDADE SEGUIRÁ DEFENDENDO OS SEUS INTERESES


Nese senso, reivindicou que Galicia manterase pola mesma senda que agora. Así, ante o reto que supón a pandemia, continuará dando a cara e tomando decisións para protexer a saúde e a economía galegas. 

 

Ademais, fixo especial fincapé en que a nosa Comunidade seguirá sendo referente de estabilidade, e puxo como exemplo a política fiscal, avanzando a súa intención de levar a cabo unha nova gran baixada de impostos nos próximos meses. Igualmente, puxo en valor a mellora dos servizos públicos acadada ao longo destes 12 anos de Goberno do PPdeG na XUNTA.
 

O presidente tamén destacou a defensa dos intereses de Galicia, para a que non deixará de reclamar o que se lle debe. Ao respecto, lamentou que se repartan os fondos europeos sen respectar nin a poboación nin o sistema de financiamento autonómico e indicou que pelexará “ata o último céntimo”.

 

Fronte aos gobernos que fan uso da educación para adoutrinar aos nenos, Feijóogarantiu que a nosa Autonomía seguirá protexendo a todas as familias e defendendo poder vivir en liberdade, porque a nosa é un territorio “libre do independentismo”. 

 

UN PARTIDO LIBRE, ABERTO E CUN PROXECTO COMÚN



Segundo 
precisouel non é o que é a día de hoxe polas catro maiorías absolutas, senón grazas aos catro anos que estivo na oposición, percorrendo o 100 % dos concellos de Galicia.

Neste sentido, admitiu que se os populares volven implicarse como entón, o que se propoñan será posible. Para iso, solicitou ao seu partido a mesma ilusión, confianza, proximidade cos cidadáns, dinamismo e, sobre todo, a mesma unidade. 

 

E destacou que o PPdeG non é o PSOE, xa que é unha formación na que se pode pensar e falar de forma libre. “Somos o Partido Popular, un proxecto común, no que participamos todos, no que podemos opinar todo e no que cabemos todos”, subliñou

 

UN CAMIÑO POR PERCORRER NO PARTIDO


O líder dos populares galegos expresou que a este Congreso autonómico lle seguirán os respectivos conclaves provinciais e locais, remarcando que son as ideas e o partido, non os liderados, os que sempre permanecen. 

 

Para Feijóo, a Executiva que vén de renovarse supón un instrumento, pero a clave é seguir incorporando as demandas do pobo para poder ampliar a confianza dos cidadáns no PPdeG. Neste punto, púxose a disposición de cada alcalde que queira renovar a confianza dos veciños e de cada voceiro municipal que queira conseguir o apoio maioritario para poder gobernar.





Con la tecnología de Blogger.