Convocado o 18º Congreso Provincial do Partido Popular de Ourense

 

Asisto esta tarde en Laias, á unha Xunta Directiva do Partido Popular de Ourense, na que o presidente Manuel Baltar anunciou a convocatoria do 18º Congreso Provincial que se celebrará na capital ourensá o domingo 26 de setembro.

A comisión organizadora estará presidida por Jackeline Fernández, sendo o vicepresidente José Manuel Gil Carballo, e secretaria Ana Fernández Morenza. Como vogais actuarán Milagros Pérez Currás e Ana María Moreiras.

Coa participación de 934 compromisarios, o congreso popular ourensán incluirá dous relatorios. Un primeiro titulado “Ourense século XXI: potencialidades e servizos públicos”, no que traballarán César Fernández, Ana Vázquez e Carmen Leyte, e un segundo sobre “Os concellos de Ourense, protagonistas do futuro da provincia” , con Melisa Macía, Álvaro José Fernández e Ricardo González como relatores.

Nesta xuntanza Baltar agradeceu o apoio recibido ata agora por todos os afiliados, cargos institucionais e alcaldes, e manifestou a disposición de presentar a súa candidatura e dixo “póñome a disposición de todos vos por cuarta vez para seguir facendo do PP a forza política máis importante da historia de Ourense”.

Con la tecnología de Blogger.