EPA II trimestre de 2021: Baixa o paro Galicia pero medra en Ourense: 1.300 desempregados máis


Os datos da EPA do segundo trimestre de 2021 revelan que a poboación galega de 16 ou máis anos situouse en 2.340.500 persoas, das cales 1.229.100 clasifícanse como activas, o que sitúa a taxa de actividade no 52,5%. Con respecto ao trimestre anterior, o número de activos e de activas aumenta en 11.000 persoas, mentres que a taxa de actividade aumenta 0,5 puntos respecto ao primeiro trimestre de 2021.

Con respecto ao mesmo trimestre de 2020, o número de persoas activas aumenta en 36.200 persoas e a taxa de actividade aumenta 1,5 puntos.

Por sexo, a taxa de actividade masculina aumenta 0,5 puntos, situándose no 56,9%. A taxa de actividade feminina aumenta tamén 0,5 puntos porcentuais e sitúase no 48,5%.

A ocupación aumenta en 16.900 persoas no segundo trimestre de 2021 respecto á cifra do trimestre anterior e sitúase en 1.076.700 persoas ocupadas. A taxa de ocupación aumenta 0,7 puntos neste trimestre, ata o 46%.

Nos últimos doce meses o número de ocupados e de ocupadas aumentou en 26.300 persoas, o que supón un incremento do 2,5% en termos relativos.

Por sexo, neste trimestre aumentou tanto a ocupación masculina como a feminina: o número de ocupados varóns incrementouse en 7.000 persoas respecto ao primeiro trimestre do ano 2021 e a ocupación das mulleres aumentou en 10.100 persoas. En termos de taxas, isto tradúcese nunha subida da taxa de ocupación masculina de 0,7 puntos e de 0,8 puntos no caso da feminina.

Con respecto ao segundo trimestre do ano 2020, o número de homes ocupados aumenta en 12.300 persoas (un 2,2%), mentres que o de mulleres ocupadas aumenta nun 2,8%.

Atendendo aos sectores de actividade económica (segundo a CNAE-2009), o número de persoas ocupadas neste trimestre aumenta en todos os sectores, agás no primario. Na industria a ocupación increméntase en 300 persoas no segundo trimestre do ano respecto ao anterior; a construción rexistra un aumento de 8.000 traballadores e traballadoras e no sector servizos, o incremento cífrase en 8.700 persoas. Pola contra, na agricultura e pesca prodúcese unha caída na ocupación de 100 persoas.

Con respecto ao mesmo trimestre de 2020, a ocupación diminúe na industria e no sector primario (-8% no primeiro caso e -0,3% no segundo), mentres que aumenta un 4,8% no sector servizos e un 8,8% na construción.

No segundo trimestre de 2021 en Galicia había 152.400 persoas en paro, 5.900 menos que no trimestre anterior. A taxa de paro diminúe 0,6 puntos e sitúase no 12,4%.

Con respecto ao segundo trimestre do ano 2020, o número de parados e paradas aumenta en 9.900 persoas (un 6,9%) e a taxa de paro aumenta 0,5 puntos en termos interanuais.

Por sexo, con respecto ao trimestre anterior, diminúe tanto o paro masculino coma o feminino: o número total de homes parados sitúase en 71.700 persoas (3.000 menos que hai tres meses) e o de mulleres é de 80.600 persoas (3.000 mulleres menos en paro). A taxa de paro masculina diminúe en 0,5 puntos porcentuais e a feminina en 0,7 puntos, situándose a primeira no 11,3% e a segunda no 13,6%.

No tocante á variación interanual, o número de parados entre o sexo masculino baixa en 100 persoas (un 0,1% menos), mentres que o volume de paradas increméntase en 9.900 persoas (un 14% máis que hai un ano).

Ourense

A 30 de xuño en Ourense había 16.300 persoas paradas 1.300 máis que a 31 de marzo de 2021.

A tasa de actividade queda situada no 48,1 %, a de ocupación no 42 % e a de paro no 12,6 %.

En relación ao segundo trimestre do ano pasado, a provincia ten agora 100 desempregados menos.

 

Con la tecnología de Blogger.