Galicia volve a superar o millón de afiliacións (1.021.721) situándose a un nivel superior ao reflectido hai once anos



Coñecemos o pasado venres os datos de afiliación media á Seguridade Social no mes de xuño facilitados polo Goberno.

Galicia: 

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado xuño en 1.021.732 ocupados, cifra que supuxo un aumento de 11.193 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (1,11 %).

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou un aumento de 35.079 ocupados (3,56 %). 

A afiliación ao Réxime Xeral terminou xuño con 792.566 afiliados medios, o Réxime de Autónomos con 209.254 afiliados medios, e o Réxime do Mar finalizou con 19.901 afiliados medios.

Ourense:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado xuño en 102.476  ocupados, cifra que supuxo un aumento de 860 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (0,85 %). 

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un aumento de 2.467 ocupados (2,47 %). 

A afiliación ao Réxime Xeral terminou xuño con 79.177 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 23.299 afiliados medios. 

Con la tecnología de Blogger.