miércoles, 28 de julio de 2021

O Estado retira o recurso contra a Lei de Saúde galega tralo acordo acadado na Comisión Bilateral

Comparto coa Xunta a celebración de que a Administración Xeral do Estado decidira retirar o recurso interposto en contra da Lei de Saúde Galicia tralo acordo acadado na Comisión Bilateral.

No seo do grupo de traballo constituído coa intención de negociar a redacción final do texto, sobre todo no que ten que ver coa vacinación, chegouse a un acordo polo que a iniciativa lexislativa recollerá unha disposición adicional sobre a aplicación das medidas de vacinación no marco das competencias estatais de coordinación xeral da sanidade e da estratexia nacional de vacinación.

Tendo en conta ese acordo, a lei aclarará o carácter voluntario da vacinación con carácter xeral, e que se aplicará de acordo co establecido pola Administración Xeral do Estado no exercicio das súas competencias e de acordo tamén coa estratexia nacional de vacinación vixente, no marco do que determine o Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde. Ademais, as campañas de vacinación vanse articular sobre o principio da colaboración voluntaria das persoas afectadas coas autoridades sanitarias.

En base a este acordo, e unha vez modificado ese punto da normativa, a Administración Xeral do Estado anunciou a súa intención de desistir do recurso interposto perante o Tribunal Constitucional.

A Xunta celebra este acordo e recorda que desde o primeiro momento manifestou a súa vontade de negociar a redacción do texto que dera lugar ao recurso, ademais de manifestar no seu día á súa disconformidade con que o Goberno central interpuxera o recurso perante o Tribunal Constitucional sen abrir antes un diálogo coa Administración autonómica.

Quedou claro que as decisións adoptadas contra a normativa galega polo goberno de Pedro Sánchez, foro erradas e que responderon a motivos partidistas. E Por suposto que Galicia pode lexislar par terminar as ferramentas precisas para xestionar con maiores garantías a pandemia provocada pola covid-19.