Hoxe a partir das 16:00 horas defendín na Comisión de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana do Congreso unha Proposición non de Lei para impulsar a creación dunha estación ferroviaria de mercadorías no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas, na provincia de Ourense.
A inciativa que presentei en unión da miña compañeira Ana Vázquez Blanco foi aprobada nos seguintes términos: «O Congreso dos Deputados insta o Goberno a que ADIF finalice a análise do anteproxecto da nova terminal ferroviaria de mercadorías de Ourense a situar no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas, para a continuación de forma inmediata iniciar polo Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, a redacción do estudo de viabilidade económico-financeira que permita proceder á redacción do correspondente proxecto.»
Tivo o apoio de 16 votos pertencentes aos Grupos Parlamentarios Popular, Vox, Ciudadanos e Foro Asturias. Non tivo votos en contra. E houbo 18 abstencións: as do PSOE, de PODEMOS-Galicia en Común e ERC.
"O Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas, na provincia de Ourense é o de maior superficie de Galicia, con 432 empresas instaladas e 8.500 postos de traballo. Nas súas inmediacións sitúanse outros polígonos empresariais como o de Pereiro de Aguiar, o Parque Tecnolóxico de Galicia e a Zona Comercial de Barreiros. As empresas situadas nestes espazos industriais moven na actualidade máis de 3 millóns de toneladas anuais de mercadorías por estrada equivalentes a uns 120.000 camións.
Que é un proxecto “razoable, estratéxico, necesario, viable económicamente, sostible e redutor das emisións de CO2 ao trasvasar o tráfico de mercadorías da estrada ao ferrocarril"
Que o Goberno,en respostas parlamentarias asegurou que non hai actuacións previstas no curto e o medio prazo para impulsar esta terminal, a pesar de que foi apoiada polo Parlamento galego, que aprobou, por unanimidade, que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana redacte o proxecto dunha nova estación ferroviaria de mercadorías no Polígono Industrial de San Cibrao.
Subliñei que esta iniciativa promovida pola Asociación de Empresarios do citado Polígono do GPP “está apoiada polos axentes económicos e sociais de Ourense, pola unanimidade das forzas políticas ourensás, e co respaldo de acordos de concellos, Deputación Provincial e a Xunta de Galicia.
Afirmei que a construción desta nova estación no Polígono, que centralizaría os tráficos ferroviarios de mercadorías, permitiría que Adif puidese liberar na estación Ourense- Empalme a zona de depósito e carga, que está claramente infrautilizada e ocupando unha inxente cantidade de metros cadrados, ao trasladar esas instalacións á citada área industrial. Así poderían dedicarse a equipamentos, servizos que o Concello de Ourense vén demandado historicamente.
Este é o enlace a miña intervención: https://app.congreso.es/v1/14676823
https://www.farodevigo.es/ourense/2021/05/11/congreso-aprueba-proposicion-pp-estacion-51664037.html