O proxecto construtivo da liña de alta tensión 220 Kv Conso- As Portas e a subestación de As Portas conta con aprobación técnica


O 23 de febreiro de 2021 os deputados Celso Delgado e Ana Vázquez preguntamos no Congreso: "¿Cal é a situación actual do proxectos de construción da nova liña de alta tensión 220  Kv Conso- As Portas e a subestación de  As Portas?"

E o 14 de abril de 2021 o Goberno resposta que " En relación co asunto interesado, sinálase que o proxecto construtivo da liña de alta tensión 220  Kv Conso- As Portas e a subestación de  As Portas conta con aprobación técnica".

Unha resposta moi concisa pero que polo menos achega a boa e esperada noticia de que despois dunha longa espera o proxecto técnico foi aprobado o que debería dar paso a unha pronta licitación.

A este respecto dicir que o Diario Oficial da Unión Europea de data 9 de abril de 2021 publicou o anuncio indicativo de licitación do “Control de obras de execución das obras do proxecto construtivo da subestación das Portas, liña de acometida e telemando de enerxía. Tramo Pedralba-Ourense”

Un contrato de supervisión de traballos de construcción, que ten un valor IVE excluído de 570.000,00 € e unha data estimada de licitación para o 30 de xuño de 2021.

Unha vez máis saliento que o proxecto é moi importante para que a LAV a Galicia funcione a pleno rendemento e permita a circulación simultánea de varios trenes.

A solución provisional é que a catenaria reciba a enerxía desde as subestacións de Arbillera e de Amoeiro, pero iso ten limitacións á circulación.

Antecedentes do noso control parlamentario deste proxecto

O 20 de marzo de 2018 publicaba a Resolución do 7 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e Medio Natural, pola que se formulaba declaración de impacto ambiental do proxecto Liña de alta tensión entre as subestacións de Conso (REE) e As Portas (ADIF), Ourense.

https://www.boe.es/boe/dias/2018/03/20/pdfs/BOE-A-2018-3931.pdf

No mes de maio de 2019 preguntábamos os deputados do PP no Congreso ¿Que actuacións se realizaron desde decembro de 2018 en relación co proxecto construtivo da subestación eléctrica de tracción de  As Portas e o da liña de alta tensión Conso- As Portas, adxudicado por ADIF-Alta Velocidade?

E o Goberno o 31 de xullo de 2019 contestaba: “En relación co asunto interesado sinálase que desde xaneiro de 2019 está a redactarse o proxecto construtivo desta liña de alta tensión e da propia subestación de tracción de ADIF.

Con data 12 de decembro de 2019, nesta nova lexislatura preguntamos : "¿Cal é a data de resposta o estado do proxecto construtivo da subestación eléctrica de tracción de  As Portas integrada na Liña de alta tensión Conso- As Portas que foi adxudicado por ADIF-AV?

E tamén: ¿En que data ADIF- AV procederá a licitar e adxudicar as obras da necesaria subestación de tracción de  As Portas e da súa liña de alta  tensión de conexión á subestación de Conso de Rede Eléctrica?

O 24 de xaneiro de 2020, o Goberno contestaba: " En relación co asunto interesado, sinálase que o proxecto construtivo da liña de alta tensión 220  Kv Conso- As Portas e a subestación de  As Portas atópase en redacción"

 

 

 

 

 

Con la tecnología de Blogger.