Son os
seguintes:
Galicia:
O paro rexistrado
de Galicia baixou en febreiro en 756 persoas con respecto a xaneiro, un -0,41
%. Ë unha das tres Comunidades nas que baixa o paro.
O número de parados queda en 185.228. Por sectores, 6.700 son da agricultura, 20.038 da industria, 13.810 da construción, 130.985 dos servizos e 13.695 do colectivo sen emprego anterior. O desemprego cae nas catro provincias; nas 7 grandes cidades, agás Lugo;nos sectores primario e da construción; e en todos os tramos de idade.
A nivel interanual, isto é, con respecto a febreiro do ano pasado, 18.999 persoas incrementaron en Galicia as listas do paro, o que supón unha crecemento do desemprego do 11,43 %.
O paro crece en todas as Comunidades autónomas aínda que o ritmo de subida resulta moi inferior en Galicia á media estatal. No Estado (+23,50%), crece o dobre que en Galicia.
Ourense:
Baixa o paro rexistrado en febreiro en relación co mes anterior en 285 persoas, un – 1,37 %.
A nivel
interanual, isto é, con respecto a febreiro do ano pasado, 2.099 persoas
entraron en Ourense nas listas do paro, o que supón un aumento do desemprego do
11,41 %.
O número de parados
queda en 20.496 deles 8.825 son homes e 11.671 mulleres, 19.428 son maiores de
25 anos e 1.068 menores.
Por sectores,
1.036 son da agricultura, 2.241 da industria, 1.509 da construción, 13.913 dos
servizos e 1.797 do colectivo sen emprego anterior.