Galicia:
O número
medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado febreiro
en 994.029 ocupados, cifra que supuxo un aumento de 1.692 persoas
afiliadas respecto ao mes anterior (0,17 %).
Galicia é a cuarta
comunidade onde máis se incrementan as afiliacións: a pesar da situación de crise sanitaria, Galicia
incrementa as afiliacións intermensuais en febreiro e mantén a evolución
positiva desde 2014.
En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou un descenso de 18.324 ocupados (- 1,81 %).
A afiliación ao Réxime Xeral terminou febreiro con
767.111 afiliados medios, o Réxime de Autónomos con 207.213 afiliados
medios, e o Réxime do Mar finalizou con 19.706 afiliados medios.
Ourense:
O número medio
de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado febreiro en 100.090 ocupados, cifra
que supuxo un aumento de 29 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (-0,03
%).
En términos anuais, a afiliación no total do Sistema
rexistrou nesta provincia un descenso de 2.128 ocupados (-2,08 %).
A afiliación ao Réxime Xeral terminou xaneiro con 76.854 afiliados medios e
o Réxime de Autónomos con 23.236 afiliados medios.