Galicia finaliza 2020 cun aumento do paro registrado de 24.279 personas con relación a 2019; un 14,69 % máis

 

Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de decembro de 2020.

Son os seguintes:

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia medrou en decembro en 2.115 persoas con respecto a novembro, un 1,13 %. O número de parados queda en 189.587.  

Por sectores, 7.385 son da agricultura, 20.459 da industria, 14.618 da construción, 131.281 dos servizos e 15.844 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto a decembro do ano pasado, 24.279 persoas incrementaron en Galicia as listas do paro, o que supón unha crecemento do desemprego do 14,69 %. O incremento rexistrado en Galicia é máis de oito puntos inferior á media de subida do Estado (22,90%), o que sitúa á Comunidade como a cuarta na que menos ascendeu o desemprego respecto de decembro de 2019.

Ourense:

Medra o paro rexistrado en decembro en relación co mes anterior en 154 persoas, un 0,73 %.

A nivel interanual, isto é, con respecto a decembro do ano pasado, 2.859 persoas entraron en Ourense nas listas do paro, o que supón un aumento do desemprego do 15,57 %. 

O número de parados queda en 21.218 deles 9.326 son homes e 11.892 mulleres, 20.040 son maiores de 25 anos e 1.178 menores.

Por sectores, 1.174 son da agricultura, 2.254 da industria, 1.573 da construción, 14.160 nos servizos e 2.057 do colectivo sen emprego anterior.

Con la tecnología de Blogger.