A licitación da variante exterior ferroviaria desde Taboadela a Ourense debe realizarse sen escusas en 2021


Pouco despois da sesión constitutiva da actual XIV Lexislatura, os deputados do Partido Popular pola provincia de Ourense, Celso Delgado e Ana Vázquez, rexistramos o 12 de decembro de 2019 varias preguntas ao Goberno, entre elas estas dúas:

"¿Cuáles son los motivos por los que no fueron todavía licitadas por ADIF- AV las obras de plataforma de la Variante de Ourense, Conexión Seixalbo-Seixalbo pese a que en el Diario Oficial de la Unión Europea del 7 de marzo, se había anunciado que tendría lugar el 1 de julio de 2019?

¿Cuáles son los motivos por los que no fueron todavía licitadas por ADIF- AV las obras de plataforma de la Variante de Ourense, Tunel de Rante- Conexión Seixalbo pese a que en el Diario Oficial de la Unión Europea del 7 de marzo, se había anunciado que tendría lugar el 1 de julio de 2019?"

O Goberno, con data 24 de xaneiro de 2020, respostaba idénticamente ambas as dúas preguntas: “En relación con los asuntos interesados, se señala que en el anuncio del pasado 7 de marzo de 2019 se indicaba como tentativa de licitación del contrato de obras del contrato “Variante de Ourense. Túnel de Rante-Conexión Seixalbo y Conexión Seixalbo-Seixalbo Plataforma, a finales de 2019.  En todo caso, se indica que las publicaciones de anuncio de licitación en el Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE) son informativas, no vinculantes.”

Unha resposta claramente decepcionante que evidenciaba que ADIF-AV, non traballou con dilixencia e acreditaba no ter vontade real de licitar a variante exterior de alta velocidade ferroviaria entre Taboadela e Ourense, de 16,9 qm, sobre a que a presidenta de ADIF tiña declarado en novembro de 2018: “optouse por aproveitar o trazado actual e modernizalo con 104 millóns, pero hai unha variante que se fará, que espera pola adecuación dos proxectos á normativa, porque nós pensamos en termos ferroviarios e quedarnos con 14 qm. de vía única na entrada de Ourense pode, nalgún momento, condicionar a fiabilidade da liña. Adif ten que ter flexibilidade para que non haxa incidencias".

Volvemos os deputados ourensáns á carga con dúas novas preguntas que rexistramos o 4 de febreiro de 2020 nas que interrogabamos ao executivo sobre “ En que mes del año 2020 licitará ADIF-AV las obras de plataforma de la Variante de Ourense en sus tramos Túnel de Rante-Conexión Seixalbo y Conexión Seixalbo-Seixalbo”.

Pois ben con data 23 de marzo de 2020 o Goberno deu esta resposta: “No podemos confirmar la fecha concreta en la que se producirá dicha licitación.  En todo caso, se indica que el Ministerio de Transportes, Movilidad y agenda Urbana está desarrollando la Estrategia Indicativa como instrumento de planificación de la infraestructura ferroviaria. Asimismo en paralelo, está trabajándose en los Presupuestos Generales del Estado, por lo que será en este marco donde se contemplarán las previsiones para esta actuación”

Esta recente resposta vén confirmar a que se deu o 24 de xaneiro na que se falaba de que os anuncios no DOUE eran simplemente “dunha tentativa de licitación”, e agora a escusa é a “integración nun instrumento de planificación ferroviaria”. En definitiva estimábamos- naquelas datas - que o que había era falta de vontade de licitar.

Nunha entrada deste blog de data 16 de abril de 2020 dicía:“ obsérvense que estas respostas do MITMA non viñan afectadas aínda pola crise da  COVID-19 que por suposto, na súa vertente económica de enormes proporcións,  terán incidencia con carácter xeral en moitas das obras públicas pendentes de licitar.

Seguiremos neste novo escenario económico no que nos encontramos demandando a licitación destas obras que xa estaban comprometidas, por ser necesarias e por que contribuirían desde a Administración a reactivar o sector da construcción e das obras públicas que son fonte xeradora de emprego, algo que será moi necesario nun contexto de paro desbocado e de recesión.”

Agardamos uns meses e vimos como o 23 de xullo de 2020 o Boletín Oficial do Estado publicaba tres anuncios de ADIF-Alta Velocidade polos que se sometía a información pública, a efectos de expropiacións: 

- O "Proxecto de Construción de Plataforma de Integración urbana e Acondicionamento da Rede Ferroviaria de Ourense. Tramo: Túnel de  Rante - Conexión  Seixalbo. Expediente  n.º 3.19/20830.0164

- O "Proxecto de Construción de Plataforma de Integración urbana e Acondicionamento da Rede Ferroviaria de Ourense. Tramo: Conexión  Seixalbo -  Seixalbo. Expediente  n.º 3.19/20830.0164.

- O "Proxecto de Construción de Plataforma de Integración urbana e Acondicionamento da Rede Ferroviaria de Ourense. Tramo: Taboadela – Túnel de  Rante. Expediente Nº 3.19/20830.0164

Noutra entrada deste blog de data 23 de xullo de 2020 escribía: “Celebro que por fin cheguen estos anuncios de información ao público, aos efectos expropiatorios, da relación de bens e dereitos afectados pola execución das obras destos tres tramos. E vemos que a nosa insistencia reivindicativa da variante exterior deu os seus froitos.

Pois ben, tras os anuncios publicados hoxe, agardamos que unha vez superado este trámite de información ao público, podamos avanzar cara a  definitiva licitación destas obras que xa estaban comprometidas, por ser absolutamente necesarias e por que contribuirían desde a Administración a reactivar o sector da construcción e das obras públicas que son fonte xeradora de emprego, algo que será moi necesario nun contexto de paro desbocado e de recesión.

Estaremos moi pendentes desde o Congreso dos Deputados das  consignacions que deberán incluírse no Proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2021 por parte de ADIF-AV para poder licitar as obras desta variante, que é o último tramo pendente para que haxa unha auténtica liña de Alta Velocidade entre Ourense e Madrid.”

O 28 de outubro de 2020 entraba no Congreso dos Deputados o proxecto de lei de presupostos xerais do Estado para 2021, no que figuraba unha partida de ADIF-AV de 29 millóns de euros para a chamada variante exterior (o treito entre Taboadela e Ourense). Na folla orzamentaria  figura un custe total de 636.6561 millóns de euros nun período de inicio en 2018 e finalización en 2026 ( entendemos que neste montante están incluidas as novas actuacións da estación de Ourense, posto que a previsión do custe da variante era de 475 millóns). 

Dentro do proceso de tramitación parlamentaria os deputados ourensáns do GPP rexistramos emendas para incrementar a dotación para esta variante, que foron rexeitadas no Congreso dos Deputados o 3 de decembro. E logo no Senado.

Finalmente o 21 de decembro de 2020, o ministro Ábalos con ocasión dunha visita aos viadutos ourensáns de  Teixeiras, Dixo “que na variante de Ourense xa está aprobado o primeiro dos proxectos e pronto se aprobará o segundo ata  Seixalbo. A súa licitación realizarase por tramos sucesivos, para facilitar a posta en servizo segundo complétanse as obras e evitar que tramos concluidos non presten servizo por unha incorrecta planificación."

Nos primeiros días do vindeiro ano 2021 rexistraremos no Congreso varias iniciativas parlamentarias para tratar de que o MITMA e ADIF-AV concreten a data de aprobación do segundo dos proxectos (entendemos que é o que vai desde Túnel de Rante ata Seixalbo) e a data de licitación do primeiro (o que vai desde Taboadela ata o Túnel de Rante). Tamén que expliquen en que consiste o procedemento de licitación “por tramos sucesivos”. Igualmente pediremos información sobre a situación  do proxecto do tramo que iría desde Seixalbo polo túnel de Montealegre ata a estación de Ourense. E finalmente demandaremos información sobre si estas obras da variante acadarán financiamento con cargo ao Plan de recuperación da Unión Europea para mitigar as consecuencias económicas da pandemia da covid-19.

Espero e desexo que o MITMA e ADIF-AV non volva a decepcionarnos, como o fixo cando anunciou no Diario Oficial da Unión Europea o 7 de marzo de 2019 que pretendía licitar eses proxectos a finais dese ano e todo foi notoriamente incumprido.

Remato, o meu compromiso con esta Variante é absoluto. A súa consecución está sendo unha auténtica carreira de fondo na que se van cumprindo lentamente etapas e aínda quedan moitas: aprobación definitiva dos proxectos, licitación das obras, adxudicación, aprobación de sucesivos orzamentos, execución..., etc.

Comprométome a seguir facendo un intenso labor de impulso e control parlamentario deste importantísimo proxecto non só para Ourense senon para o conxunto da LAV Madrid-Galicia.


https://www.laregion.es/articulo/ourense/grandes-obras-publicas-ano-suman-153-millones/20201229223213995452.html


Con la tecnología de Blogger.