En novembro medra o paro rexistrado en Galicia e en Ourense

O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de novembro de 2020.

 Son os seguintes:

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia medrou en novembro en 6.165 persoas con respecto a outubro, un 3,40 %. O número de parados queda en 187.472.  

O crecemento reflectido débese principalmente ao peche parcial da hostalería e á limitación perimetral: 3 de 4 catro novos desempregos proceden do sector servizos (4.609 persoas máis), sendo a hostalería a actividade económica con máis parados (+2.136 persoas). É dicir, o 46% do paro rexistrado en servizos concéntrase na hostalería.

En todo caso o aumento neste mes é moi inferior á media rexistrada nos peores anos da anterior crise económica (2008-2012). 

Por sectores, 7.054 son da agricultura, 19.687 da industria, 13.733 da construción, 130.498 dos servizos e 16.500 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto a novembro do ano pasado, 21.813 persoas incrementaron en Galicia as listas do paro, o que supón un crecemento do desemprego do 13,17 %.

Ourense:

Medra o paro rexistrado en novembro en relación co mes anterior en 596 persoas, un 2,91%.

A nivel interanual, isto é, con respecto a novembro do ano pasado, 2.527 persoas entraron en Ourense nas listas do paro, o que supón un aumento do desemprego do 13,63 %. 

O número de parados queda en 21.064 deles 9.070 son homes e 11.986 mulleres, 19.710 son maiores de 25 anos e 1.354 menores.

Por sectores, 1.164 son da agricultura, 2.253 da industria, 1.475 da construción, 14.039 nos servizos e 2.133 do colectivo sen emprego anterior.

Con la tecnología de Blogger.