En novembro baixa a afiliación á Seguridade Social en Ourense e Galicia


Galicia:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado novembro en 1.009.884 ocupados, cifra que supuxo un descenso de 2.134 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (-0,21 %). 

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou un descenso de 13.706 ocupados (- 1,34 %). Segue Galicia con máis dun millón de afiliacións á Seguridade Social, a un nivel superior ao reflectido hai 10 anos. A baixada do Estado foi do -1,83%.

A afiliación ao Réxime Xeral terminou novembro con 781.070 afiliados medios, o Réxime de Autónomos con 207.954 afiliados medios, e o Réxime do Mar finalizou con 20.860 afiliados medios.

Ourense:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado novembro en 101.749  ocupados, cifra que supuxo un descenso de 773 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (-0,75 %). 

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un descenso de 1.657 ocupados (-1,60 %). 

A afiliación ao Réxime Xeral terminou novembro con 78.396 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 23.353 afiliados medios. 



Con la tecnología de Blogger.