Feliz Día da Constitución: 42 anos despois, un instrumento de convivencia e entendemento

Co facsímil da Constitución
Cuarenta e dou anos despois da súa aprobación, celebramos hoxe o Día da Constitución de 1978.

Desgraciadamente non pode ser na forma habitual, o gran acto institucional no auditorio de Ourense, na compaña dos escolares.

As restricións derivadas da pandemia da Covid- 19 teñen a culpa.

O Diario "La Región", edita hoxe un especial no que se recollen diferentes opinións, entre elas as miña, titulando “Foi un instrumento de convivencia e entendemento”.https://www.laregion.es/articulo/espanha/constitucion-mas-actual-necesaria-nunca/20201206122913990264.html

A entrevista tivo lugar no arquivo do Congreso dos Deputados. Alí, grazas á amabilidade dos funcionarios puiden ver a documentación que se xerou na tramitación parlamentaria da Constitución: as emendas, as transaccións, as propostas de artigos, etc.

E o mais atractivo de todo foi o ver as firmas nestes escritos de deputados de todas as ideoloxías políticas: esquerdas, dereitas, centro, nacionalistas, comunistas, etc. que achegaban a súa idea política pero que a supeditaban ao consenso para superar a etapa de ditadura e pasar a unha democracia plena. Que gran obra a da transición!!!

En efecto, a Constitución permitiu que España alcanzase a maior etapa de toda a nosa historia de liberdade, progreso e benestar.

Na entrevista que me fixo o xornalista Héctor Díaz, dixen que “a nosa constitución garántenos un elenco de liberdades e dereitos dos máis avanzados e máis vangardistas da nosa contorna, que nos garante un modelo territorial dos máis descentralizados do mundo, e que é un magnífico instrumento de entendemento e de convivencia, e tamén unha magnífica ferramenta para contrarrestar a quen quere romper a unidade de España ou volver enfrontar aos españois.

Lembrei que a Carta Magna é a consecuencia do do abrazo da Transición, froito da tolerancia e o consenso.
Dixen que o Partido Popular é un piar democrático da orde constitucional, que defende o Estado autonómico como recolle a Constitución. Unha España diversa, plural pero unida, con autonomías, riqueza cultural e lingüística.
Tamén dixen que o PP non pide a reforma da Constitución pois para proceder á elo hai que ter claro, en primeiro lugar, cal é o obxectivo, e hai que ter claro o diagnóstico e un acordo tamén na solución.

En definitiva precísase un gran consenso, porque esta Constitución foi de todos e para todos, e para poder reformala calquera proposta ten que ser de todos e, sobre todo, servir para todos.

Longa vida á Constitución.!!

Revisando no arquivo do Congreso á documentación da elaboración da Constitución


Con la tecnología de Blogger.