Estímase
que esta nova terminal do barrio da Ponte acollerá arredor de
79.000 expedicións de autobuses ao ano, o que significaría un incremento de máis do 21%, e
preto de 400.000 viaxeiros, un 12% máis.
As
obras seguen avanzando desde a miña anterior visita e todo indica que a
estación podería estar en explotación no primeiro trimestre de 2021.
Tamén puiden ver cómo avanzan as obras do aparcadoiro situado baixo a actual praza da estación, e que terá unha superficie total de 8.645 metros cadrados distribuídos en dous andares en que se repartirán as 302 prazas e xunto á nova estación de autobuses, garantindo o efectivo intercambio modal para os usuarios.
Este aparcadoiro subterráneo dará servizo ao complexo intermodal pero tamén ao barrio da Ponte, onde abundan os edificios sen garaxe e falta un espazo de estacionamento de estas características e capacidade.
Estas fotos
que fixen acreditan o que afirmo.