miércoles, 18 de noviembre de 2020

As emendas aos orzamentos que rexistraron os populares galegos evidencian a súa intención de facer unha oposición seria, rigorosa e construtiva

 

Hoxe o secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, asegurou que os Orzamentos Xerais do Estado, que furtan 300 millóns de euros a Galicia, sérvenlle a Bildu, a ERC e ao PSdeG, pero non ao PPdeG. Así mesmo, lamentou a elección de socios de Pedro Sánchez, que pacta con radicais e independentistas cuxo obxectivo non é o benestar de todos os españois.

Por este motivo, destacou que os populares rexistraron no Congreso máis dun centenar de emendas aos orzamentos que demandan investimentos en Galicia por valor de máis 300 millóns, que apostan por corrixir o enorme agravio destes presupostos coa Comunidade e que afondan nalgunhas das cuestión máis prioritarias e que foron completamente esquecidas nas contas socialistas.

Nese senso, mencionou importantes infraestruturas como as intermodais de Ourense ou Santiago, as melloras dos accesos na Coruña, Vigo e Pontevedra, ou a terminación da A-74 na Mariña lucense; os fondos para a construción dun buque AOR nos estaleiros de Ferrol; ou unha partida para o Xacobeo 2021.

Como subliñou, trátase dun conxunto de emendas que tratan de equilibrar o investimento territorial, xa que o proxecto de presupostos de Sánchez presenta unha inversión territorializada de apenas o 6.6%, menos da metade do 13% ao que chegamos con Rajoy. Ademais, mentres en comunidades como Cataluña crece o investimento case un 50%, en Galicia chega a mínimos históricos.

Durante a rolda de prensa previa á súa xuntanza telemática con representantes do PPdeG nas Cortes Xerais e no Parlamento Europeo, Tellado incidiu en que estas emendas tamén amosan a intención dos populares de facer unha oposición seria, rigorosa e construtiva. Cómpre sinalar que, en total, o PP presentou case 1.500 emendas parciais a estes orzamentos mentres que o conxunto de todos os demais partidos apenas chegaron ás 300.

De igual modo, o número dous do PPdeG evidenciou que o Goberno central, que desprezou á Comunidade coas peores contas da última década, xa non ten en conta ao BNG malia que os nacionalistas galegos fixeron presidente a Sánchez co seu voto: “O pacto de Ana Pontón e Adriana Lastra non é máis que papel mollado”.