lunes, 26 de octubre de 2020

Celebrando a posta en servizo do tramo de alta Velocidade Zamora-Pedralba de la Pradería da LAV a Galicia

Hai varios días recibín unha invitación do Ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luís Ábalos  para asistir en Zamora ao acto de posta en servizo do novo tramo de alta velocidade ferroviaria entre Zamora e  Pedralba da liña de Alta Velocidade a Galicia.

Pero onte a última hora da tarde, o Ministerio comunicoume que por motivo da declaración do estado de alarma pola pandemia da  Covid—19, restrinxíase ao mínimo institucional a asistencia de invitados. Unha decisión que lamentei moito, pero que entendín dadas as circunstancias.

Seguín en directo o acto pola canle de youtube do Ministerio e despois informeime a través das notas de prensa do Ministerio e da Consellería de Infraestruturas e Movilidad da Xunta de Galicia.

Ábalos presidiu o acto, xunto á ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, o secretario de Estado de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, Pedro Saura, o secretario xeral de Infraestruturas, Sergio Vázquez  Torrón, a presidenta de  Adif, Isabel Pardo de Vera, e o presidente de Renfe, Isaías Táboas,

Na nota ministerial dise que “esta infraestructura, de 110 km y 898 millones de euros de inversión, ha supuesto un gran esfuerzo político, económico y técnico, con 14 viaductos y 9 túneles, con el sistema europeo de gestión del tráfico ERTMS nivel 2, que también se ha incluido en el tramo Olmedo-Zamora, y diseñado para velocidades máximas de 300 km/h.

El ministro ha subrayado que con el impulso que se está dando a este último tramo, “permite a ADIF trabajar con la previsión de tener todas las obras concluidas a finales de año y la puesta en servicio, siempre condicionada a la autorización de la Agencia, la esperamos para el segundo semestre de 2021”.

Para el responsable del Departamento, la puesta en servicio de esta obra se traduce en mejoras reales para los usuarios a partir de mañana con la reducción en los tiempos de viaje para todas las ciudades gallegas, “con la que por fin el tren a Galicia puede ganar a la carretera, con la consiguiente mejora en seguridad y sostenibilidad”.

Y todo “gracias a una determinación política necesaria para que esta puesta en servicio se convierta en realidad, con una gestión eficaz en una actuación que llevaba años enmarañada”, ha expresado Ábalos.

Además, dentro de este tramo que hoy se inaugura, continúan los trabajos en la nueva estación de “Sanabria Alta Velocidad” que se espera tener disponible en diciembre. Hasta entonces, los usuarios dispondrán de un plan alternativo de transporte por carretera con la estación de A Gudiña.

Ábalos ha afirmado que la puesta en servicio de hoy representa un punto de inflexión respecto al atraso en las conexiones ferroviarias gallegas y que “trabajamos a un ritmo intenso en el tramo que resta para completar la conexión de Alta Velocidad a Galicia: el tramo entre Pedralba de la Pradería y Ourense”.

Se trata de uno de los tramos más complejos de la Alta Velocidad Ferroviaria de España y de Europa que, para el ministro, “explica el montante de las inversiones que conlleva la Alta Velocidad gallega: 4.750 millones de euros, a los que habría que sumar la inversión en el Eje Atlántico de Alta Velocidad”.

En este sentido, Ábalos ha destacado que la inmensa mayoría de estas cantidades ya están ejecutadas con una alta eficiencia en relación a otros países y que ha sido posible, en gran medida, por la solidaridad europea."

A nota de prensa da Xunta dí que: Galicia e Castela e León pídenlle ao Goberno de España que aposte polo Corredor Atlántico como motor para unha reconstrución equilibrada.

Así o manifestou hoxe a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, que fixo fincapé en aproveitar e reforzar os valores do noroeste, que é fachada Atlántica e conta con portos de gran potencia, ten un vínculo único con Iberoamérica e  Portugal, é un destino turístico en auxe e conta con industrias punteiras en diversos sectores.

Salientou que un noroeste máis vertebrado e competitivo é un activo ao servizo do progreso e do benestar do conxunto de España.

A Xunta vén reiterando que o AVE é a maior prioridade de Galicia en materia de infraestruturas, un obxectivo de país.

Neste sentido, a conselleira subliñou o paso adiante que supón que Ourense estea desde mañá a menos de 4 horas de viaxe en tren con Madrid, é dicir, 45 minutos menos que hoxe, e que todas as cidades galegas reduzan o tempo de percorrido ata a capital de España.

Non obstante, a conselleira demandoulle ao Executivo central axilidade nas obras do treito final do AVE, así como información veraz sobre o seu ritmo para poder planificar con acerto o futuro da comunidade.

Para isto, puntualizou que é necesario saber cando se finalizará a construción dos 115 quilómetros que aínda separan o AVE de Ourense.

Concretou que o Executivo autonómico aspira a que as 7 cidades galegas teñan acceso a unha conexión ferroviaria con Madrid competitiva en tempo e propia do século XXI en prestacións.

A este respecto, sinalou que as reducións de tempo de viaxe acadadas cos sucesivos tramos do AVE postos en marcha ata agora acreditan a rendibilidade social dos investimentos.

Tamén puxo en valor as liñas Ourense- Santiago e o Eixo Atlántico Ferroviario, que proporcionan conectividade interna e se sitúan entre os traxectos de media distancia máis empregados e con maior incremento.”

A miña valoración:

Celebro moito a posta en servizo deste tramo da liña de alta velocidade Madrid- Galicia, do que me levo ocupando desde hai dúas décadas e no que interviñeron nada menos que seis ministros de Fomento: Arias Salgado, Álvarez Cascos, Magdalena Álvarez, José Blanco, Ana Pastor, Íñigo da Serna e José Luis Ábalos.

Foron moitas as iniciativas parlamentarias, xestións orzamentarias, visitas ao tramo,  que realicei e por todo iso é unha gran satisfacción para a miña ver como o esforzo económico dos contribuíntes, unido ao bo facer de  Adif e das empresas adxudicatarias, plásmase na realidade.

Agora os cidadáns poderán viaxar con maior rapidez e seguridade entre Galicia e Madrid e ábrense enormes posibilidades de progreso económico e social.

TVE Galicia (Titulares minuto: 1,32 a 1:46 y Noticia, a partir del minuto 10,43):

  https://www.rtve.es/alacarta/videos/telexornal-galicia/telexornal-galicia-2-26-10-20/5694898/

 Informativos TVG:

http://www.crtvg.es/informativos/galicia-mais-preto-de-madrid-co-novo-treito-do-ave-entre-zamora-e-pedralba-4623369