O PPdeG lamenta que, con más diñeiro que Mariano Rajoy, Pedro Sánchez rebaixe nun 11% o investimento en Galicia

Hoxe  entrou no Congreso dos Deputados o proxecto de lei de orzamentos xerais do Estado para 2021, e desde o PP de G fixemos esta sucinta e primeira valoración mediante esta nota de prensa:

O deputado do PPdeG no Congreso, Celso Delgado, afea que a cifra para 2021 sexa a máis baixa dos últimos 15 anos para a nosa Comunidade 

“Con máis diñeiro do que dispoñía o Goberno do Partido Popular, o Executivo do PSOE rebaixa en once puntos o investimento en Galicia con respecto aos últimos Orzamentos Xerais aprobados en 2018”, di Delgado.

Lamenta que Galicia pase de percibir 936,79 millóns de euros a só 832,24 millóns, tal e como recolle o proxecto de lei de Presupostos presentado este mércores.

“O Executivo de Sánchez continúa castigando aos galegos co menor investimento para a nosa Autonomía dos últimos 15 anos”, sinala.

Resalta que estes 832 millóns representan o 7% do total rexionalizable, dous puntos menos do 9,2% co que contaba nas contas de 2018.

“Trátase dun Orzamento pensado para gustar aos partidos nacionalistas, cuxo voto necesita o Goberno central”, manifesta.

 “Se algo demostrou o PSOE é que é capaz de pintar números nun papel que logo non cumpre. Por iso, en 2020, aínda non temos o AVE que xa nos tiña prometido para 2012”, indica.

“Os socialistas son expertos en buscar o voto dos nacionalistas nos seus anteproxectos para despois non executar as partidas comprometidas. Queda demostrado que non podemos fiarnos nin do Partido Socialista en xeral nin do PSOE de Pedro Sánchez en particular no referido á AP-9”, subliña.

“É una mágoa que os Orzamentos medren a costa de subir os impostos ás familias, á clase media e ás empresas nun momento tan crítico e delicado como o que estamos a vivir”, precisa.

“Analizaremos as contas con detemento para detectar calquera afronta a Galicia, algo xa tradicional cando goberna o Partido Socialista”, avanza."

Esta nota tivo correspondencia no informativo do serán da TVG:

http://ondemand-crtvg-origin.flumotion.com/videos/MD/2020/10/200d65b3-653a-429a-b6b2-04f60082fece.mp4/playlist.m3u8


Con la tecnología de Blogger.