Populares de Ourense e O Bierzo esiximos a inclusión nos orzamentos do Estado do 2021 de partidas suficientes para impulsar a construción da A-76



Hoxe os representantes das provincias de Ourense e León do partido Popular fixemos varias acción en defensa da autovía A-76 (Ponferrada-Ourense).

No Barco de Valdeorras, e horas antes en Ponferrada, Ourense denunciamos “o maiúsculo desinterese, exasperante desidia e obstáculos deliberados” por parte do goberno de Sánchez a calquera actuación que signifique un avance real na construción da autovía A-76 esixindo ao executivo central que inclúa nos orzamentos xerais do Estado do 2021 partidas económicas suficientes para a licitación, no próximo exercicio, de novos tramos.

Reclamamos unhas comunicacións propias do século entre as comarcas de Valdeorras e do Bierzo e das comunidades de Galicia e Castela e León, logo de quince anos de espera desde que se deron en 2005 os primeiros pasos administrativos dun proxecto estratéxico de comunicación para estes territorios.


En nome dos asistentes a este acto, Celso Delgado lembrei que desde o primeiro momento se acordara priorizar as actuacións da A-76 entre Ponferrada e O Barco de Valdeorras, “onde a estrada N-120 estaba claramente superada pola elevada intensidade do tráfico”.

Con todo denunciei, que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (MITMA) e, de modo particular a Dirección Xeral de Estradas, “mostrou un maiúsculo desinterese por este proxecto ante a falta de impulso e  dilación nos trámites da autovía”. Aínda máis, dixen, “a Subdirección Xeral de Proxectos do ministerio e a sua titular está a frear en seco de xeito deliberado calquera avance real”.

Advertin que “esta exasperante desidia e falta de compromiso ministerial non ten relación algunha coa crisis económica derivada da pandemia, senón que as dilacións xa se rexistran desde a moción de censura que levou a Pedro Sánchez á Moncloa, é dicir, desde mediados de 2018”.  

A situación económica actual e as prioridades ocasionadas pola Covid-19, abondoei, “van prexudicar moitos investimentos xa programados, pero non e de recibo que afecte a aquelas máis necesarias e que levan tanto tempo de espera, como a A-76, sen esquecer que a obra pública é fundamental para o relanzamento da economía, polo que non debemos deixar de licitar actuacións xa maduras”.

Esixin ao Goberno que inclúa nos orzamentos xerais do Estado para 2021 consignacións suficientes para a licitación, no próximo exercicio,  das obras nos tramos Villamartín de la Abadía-Requejo e A Veiga de Cascallá-O Barco de Valdeorras. De xeito máis concreto, pedin a urxente conclusión do proxecto de trazado do tramo entre Requejo e A Veiga de Cascallá, que neste mes de outubro cumpre un ano desde que se superou o seu prazo contractual, “mentres o ministerio está a torpedear a actuación da empresa adxudicataria”.

Na rolda de prensa de Ponferrada estiveron presentes o portavoz do PP no Concello de Ponferrada, Marco Morala, o senador Antonio Silván e a deputada Carmen González, ambos por León. E tamén os senadores ourensáns Miguel Ángel Viso e Carmen Leyte.

Na rolda de prensa de O Barco estiveron ademáis dos anteriormente mencionados, a gás o senador Silván, o alcalde da Rúa, Álvaro José Fernández, e a portavoz no Concello do Barco, Sabina Aguado.

https://www.lavanguardia.com/vida/20201002/483794828408/el-pp-acusa-al-gobierno-central-de-frenar-la-a-76-de-ponferrada-a-ourense.html

https://www.elbierzodigital.com/el-pp-exige-al-gobierno-que-deje-de-frenar-en-seco-las-infraestructuras-entre-el-bierzo-y-galicia/348008

https://www.leonoticias.com/bierzo/exige-gobierno-deje-20201002142934-nt.html

https://www.infobierzo.com/el-pp-exige-al-gobierno-que-deje-de-frenar-en-seco-las-infraestructuras-viarias-y-ferroviarias-entre-el-bierzo-y-galicia/569542/

https://www.ileon.com/actualidad/el_bierzo/112191/el-pp-acusa-al-gobierno-de-frenar-en-seco-y-de-forma-deliberada-comunicaciones-entre-ponferrada-y-galicia

https://somoscomarca.es/o-partido-popular-considera-que-quere-frearse-o-proxecto-da-a-76/

https://www.osil.info/o-pp-reivindica-que-se-impulse-o-desenvolvemento-da-a-76/

 https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2020/10/03/pp-pide-gobierno-partidas-a-76-2021/0003_202010O3C8991.htm#:~:text=Ourense%20El%20PP%20pide%20al,la%20A%2D76%20en%202021&text=El%20diputado%20del%20PP%20Celso,con%20Ourense%20pasando%20por%20Valdeorras.

 https://www.lanuevacronica.com/el-pp-exige-al-gobierno-partidas-para-la-a-76-en-los-presupuestos-de-2021

 https://www.diariodeleon.es/articulo/bierzo/pp-reclama-financiacion-iniciar-76-valdeorras-ponferrada/202010030132102049650.html

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/telexornal-seran-4594006?t=2149







Con la tecnología de Blogger.