Na Ribeira Sacra, vendo o canón do Sil desde o miradoiro de Cadeiras

Visito hoxe o  moi fermoso concello lucense de Sober e en concreto o lugar de  Sampil,  na parroquia de San Vicente de  Pinol, en cuxas nmediacións atópase o Santuario da nosa Señora de  Cadeiras, construído no século  XVIII.

Achegueime ao fabuloso miradoiro de  Cadeiras sobre o canón do río Sil, desde o que hai unhas vistas sobre a parte ourensá da Ribeira Sacra: Chandrexa de Queixa, Parada  do Sil e os Balcóns de Madrid.


Estas  totos acreditan a enorme beleza da Ribeira Sacra que agardamos que pronto será decalarado patrimonio da humanidade.






Con la tecnología de Blogger.