No centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo

Hoxe conmemoraráse o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo (22 de agosto de 1920 - 5 de xaneiro de 2012), un galego comprometido, irrepetible, admirado e querido que abordou múltiples disciplinas, tanto as relativas ao mundo da arte, como á do intelecto, ás técnicas ou ás industrias.

Promotor de iniciativas como Edicións do Castro, a restauración da produción de Cerámica de Sargadelos, o Instituto Galego de Información ou o Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside, entre outras.

Con este motivo a Xunta organizará unha  grande exposición na Cidade da Cultura, composta por obras de arte, diversos obxectos persoais, fotografías, textos, murais, documentos e proxeccións. Poderá verse no Museo Gaiás, do 6 de novembro de 2020 ao 4 de abril de 2021, e estará comisariada por dous dos seus fillos, Xosé e Camilo Díaz Arias de Castro.

Esta mostra, que leva por título As miradas de Isaac, e cuxo peso da imaxe gráfica recae nun autorretrato inédito de Díaz Pardo de novo e que nunca se ten exposto. Apareceu recentemente (2019) nunha das carpetas de documentación que gardaba no seu arquivo persoal e ninguén da familia o coñecía.

Unha vez más compre destacar o enorme valor da obras deste insigne intelectual, emprendedor e artista galego, todo un referente de traballo e de entrega incondicional a Galicia. Así o constata a presidenta do Consello da Cultura de Galega, que o define como o “artista, empresario e activista cultural cuxa traxectoria vital é fundamental para entendermos o galeguismo e a evolución do país ao longo dos últimos cen anos.”

http://consellodacultura.gal/especiais/centenario-diaz-pardo/

Reitero agora o que escribía neste blog o 6 de xaneiro de 2012 despois de regresar da capela ardente de Isaac: “Un dos bos e xenerosos que nos deixou pero queda para sempre entre nos”

http://www.celsodelgado.gal/2012/01/isaac-diaz-pardo.html



Con la tecnología de Blogger.