miércoles, 8 de julio de 2020

No mitín do xardín do Posío, pedindo o voto para continuar cunha Xunta experimentada dirixida por Feijóo

Onte tivemos campaña en Ourense, que rematou cun gran mitín ao aire libre no xardin do Posío, organizado polos militantes do distrito de Mariñamansa.

Interviron, o primeiro teniente alcalde Jorge Pumar, o presidente local Jesús Vázquez e a cabeza de lista Marisol Díaz Mouteira. 

Todos eles destacaron os investimentos executados na cidade nos últimos anos e os importantes proxectos en marcha do goberno de Feijóo como os relacionados coa sanidade (ampliación do hospital de Ourense), cos servizos sociais (residencias de maiores), a educación (centro de formación profesional) e as infraestruturas (reforma da avenida de Marcelo Macías).

Todos coincidiron en pedir o voto para o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, para continuar cunha Xunta experimentada, que leva 11 anos xestionando, fronte a un multipartito que nin sabe nin pode dicir quen levaría a Consellería de Sanidade ou a de Economía.

Lembraron que se os galegos confían no PPdeG o vindeiro 12 de xullo Galicia terá unha Xunta que actuará desde o primeiro momento, que non perderá o tempo en subastas nin sorteos de consellerías; e que conta coa experiencia e a capacidade de xestión necesarias ante as incertezas sanitarias e económicas; e un presidente que non se deberá á imposición de ningún dos intereses minoritarios, senón unicamente aos galegos.

Insistiron en que era tempo de experiencia e non de experimentos; de respostas coordinadas e non dun multipartito; de xestión e non de meras declaracións; de responsabilidade e non de demagoxias; de aportar certezas e non de máis incógnitas.

Salientaron que a resposta ante o futuro ten que ser unha Galicia unida e non fragmentada coa suma de 10 partidos, tres ideoloxías e 4 candidatos pelexando cada día por ver quen manda máis.