martes, 28 de julio de 2020

Vendo en A Gudiña as obras da nova estación “Porta de Galicia”

O pasado 20 de maio visitaba as obras de construción da estación “Porta de Galicia” no termo municipal da Gudiña, entre os puntos quilométricos 206/230 e 206/630 do tramo Lubián-Ourense, no lado sur da plataforma da  LAV Madrid-Galicia.

Lembraba naquela data no meu blog que as obras foron adxudicadas en marzo de 2019 á UTE DRAGADOS- TECSA por un importe de 2.667.758,2 € e un prazo de 8 meses. E que estaban retrasadas, desde o seu comezo o 25 de abril de 2019

Hoxe, viaxando en coche desde Ourense a Madrid, parei nesta localidade para ver a situación das obras, especialmente da construción do edificio de viaxeiros, o acondicionamento do paso inferior de acceso a plataformas con elementos de comunicación vertical, o aparcadoiro e a urbanización exterior.E fixen estas fotos.

Constato que avanzaron nestes dous meses desde a miña anterior visita, pero que aínda quedan meses para que estén culminadas. Agardamos a súa finalización.