viernes, 3 de julio de 2020

Feijóo : votar PPdeG é votar goberno, programa, xestión e a defensa dos intereses xerais dos galegos

Hoxe o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóopediu que os galegos se unan nas urnas o próximo 12 de xullo para avanzar xuntos durante os próximos catro anos. E resaltou que, se non votamos e temos que esperar a que o Goberno se una despois dos comicios, Galicia “non soportará esa fragmentación”. 


 Tras subliñar que todo está preparado para votar con total tranquilidadedestacoua importancia de facelo polo que a Comunidade ten por diantexa que nada está decidido. “Veño pedirvos o voto co aval do feito, para poder abordar todo o que aínda queda por facer; para unha Galicia na que se pode confiar, estable, que non perda a perspectiva e que estea ao que hai que estar”. “E pido o voto -engadiu-para que Galicia vaia unida cara adiante e non se fragmente”, dixo.

 

PPdeG PROPÓN


Durante un mitin no Carballiño, o presidente afirmou que os populares propoñeque a nosa Sanidade pública, a que mellor funcionou esta pandemiacomplete a renovación dos hospitais e a tecnolóxica así como os novos servizos que puxeronen marcha.

 

Do mesmo xeito, avogou por unha Educación Pública que siga obtendo os mellores resultados da súa historia; por un Goberno autonómico que continúeapoiando ás familia, aprobando novas medidas de respaldo ás nais e pais;multiplicando os servizos aos maiores; e por unha Galicia que, tras recuperar o saldo migratorio positivodea máis oportunidades para os mozos.

 

Así mesmo, propuxo que a Galicia do mar, que xa é líder no sector, reforce os seus liderados e o benestar dos que o traballan nelque o rural de toda España onde menos impostos se paga sexa o medio de vida para cada vez máis galegosque os nosos produtos sigan sendo recoñecidos no mundo pola súa calidade; e que a Comunidade volva pronto ás cifras de récord en exportacións destes anos,incluso as supere.

 

CUMPLIR COS COMPROMISOS


Durante a súa intervención, Feijóo aclarou que ao longo destes anos nunca fallouao seu compromiso con Galicia: “O meu compromiso vital é Galicia”, porque, tal e como salientou, sempre fixo o que dixo que faría. 

 

Neste sentido, insistiu en que fai sempre todo o posible pola nosa Comunidade, pedindo o voto para que teñamos un Goberno e un presidente libres, que só se deban a cumprir cos seus compromisos. 

 

BO PARA GALICIA


Feijóo admitiu que non é bo para Galicia un goberno que renuncie aos seus compromisos só para poder ser Goberno, que non se entenda entre si, que non teña programa; así como tampouco é bo para a nosa comunidade, salientou, que os intereses xerais se sometan á chantaxe de partidos con intereses minoritarios nin adoptar derivas doutras Comunidades onde se fragmentou a sociedade. Pola contra, sinalou que o que precisa Galicia é un goberno unido, cun programa para aplicar desde o primeiro día, que resolva problemas en lugar de crealos e que goberne.

 

Por este motivo, dirixiuse aos que prefiren este executivo estable e este presidente para que vaian votar e non esperten o luns 13 co goberno que non querían; e tamén pediu aos votantes doutros partidos que non queden na casa senon están conformes con que a Galicia a goberne un multipartito

 

Como lembrou, os populares coñecen o que é gobernar e o que é enfrontarse a dificultades, do mesmo xeito que “os galegos coñecen esta Xunta e me coñecen a min”. “Saben -continuou- que se confían en nós, o seu voto acaba nun gobernoconcreto, nun programa e en xestiónque por riba de calquera outra cousa están os intereses xerais e que por diante de todo está Galicia.