Na Adega Terras Gauda

Visito onte no val do Rosal a Adega Terras Gauda que está integrada na  Denominación de Orixe Rías Baixas.

Foi fundada polo ourensán Jose María Fonseca, e alcanzou unha produción inicial de 37.000 botellas da colleita 1990. E na actualidade comercializa máis de 1,5 millóns de botellas en máis de 45 países.


O Grupo Terras  Gauda está constituído por catro adegas: Adegas Terras  Gauda, Viñedos e Adegas  Pittacum, Quinta  Sardonia e Compañía de Viños Heraclio Alfaro; así como pola conserveira vexetal A Rosaleira.

A presenza en catro das principais zonas vinícolas de España consolida a Terras  Gauda entre os principais grupos adegueiros do panorama nacional. A expansión xeográfica constitúe un dos alicerces da filosofía do Grupo. Respéctanse a diversidade e idiosincrasia de cada zona, compartindo e capitalizando a experiencia e os coñecementos.

Dispoñen de 160  hectáreas de viñedo que garántenlles, en cantidade e calidade, a materia prima necesaria para elaborar os seus viños.

Adegas Terras  Gauda exponse como principal obxectivo a elaboración de viños de máxima calidade, con personalidade propia, a partir de variedades nobres cultivadas nas condicións idóneas e  vinificadas segundo a tradición da zona, procesadas coa tecnoloxía máis avanzada e os máximos coidados.

Adegas Terras  Gauda adquiriu en 2002 Viñedos e Adegas  Pittacum, na Denominación de Orixe Bierzo, para elaborar tintos de calidade a partir de viñedo vello da variedade autóctona Mencía.

En 2010 incorporaron ao Grupo Quinta  Sardonia, no Val do Douro, onde cultivan a  viña e elaboran viños tintos de alta gama baixo os principios da  biodinámica.

A estratexia de expansión completouse en 2018 coa entrada na Denominación de Orixe Cualificada Rioxa, mediante a toma de participación maioritaria dunha adega e o seu viñedo na localidade de Alfaro, que se refunda cunha nova imaxe e marca:  Heraclio Alfaro

En 2008 diversificaron o seu catálogo con Conservas A  Rosaleira, fábrica artesanal de conservas vexetais, a máis antiga de Galicia, fundada no Rosal en 1940, reafirmando así o seu compromiso coa zona.




Con la tecnología de Blogger.