No mosteiro de Oseira na presentación candidatura do PP de Ourense ás elección autonómicas do 12 de xullo



O mosteiro de Oseira foi hoxe un dos cinco escenarios nos que se presentaron, simultáneamente, as candidaturas do PPdeG nas catro provincias, nun novidoso formato para reunir á familia popular galega, encabezada por Alberto Núñez Feijóo e respectar as medidas de seguridade establecidas fronte ao coronavirus.


O Partido Popular de Ourense é “a opción máis segura e fiable para o futuro que os ourensáns necesitan nestes momentos de reconstrucción económica e social”, declarou o presidente provincial popular, Manuel Baltar, trala presentación no mosteiro de Oseira da candidatura do PP de Ourense ás elección autonómicas do 12 de xullo.  Un acto no que a cabeza de lista, Marisol Díaz Mouteira, afirmou que todos os compañeiros de candidatura traballarán “con humildade para ofrecer certezas, confianza e unidade aos ourensáns, e non unha lea de siglas repleta de concesións partidarias e moita letra pequena nos pactos”
 
  Manuel Baltar cualificó a lista ourensá como “unha candiatura gañadora , do rigor e do coñecemento, do partido con maior porcentaxe de apoio de España, e que conecta coa xente como ninguén”.  Un conxunto de homes e mulleres que “adquiriron o compromiso de loitar por Ourense apoiando ao presidente Feijoó, un ourensán que está en disposición de obter unha nova maioría absoluta, e que o fará coa reválida dos nove escaños que nos marcamos”.

No programa electoral que se presentará esta mesma semana, destacó Baltar, “predominarán dúas palabras que para os populares de Ourense son claves na acción política e de goberno, a cooperación e a colaboración coas entidades locais, cos concellos e coas deputacións”.


“Un xeito de facer do que podemos presumir porque aí están os feitos -engadiu o presidente provincial- e que nos diferenza doutras formacións políticas, absolutamente respectables, pero non tanto algúns dos seus cagros públicos, como Rodríguez Villarino e o subdelegado do Goberno, que se posicionaron decididamente en contra dos ourensáns”. Ambos os dous, criticó, están a facer un exercicio de mezquindade xerando intranquilidade entre os autónomos e pemes que recibiron e recibirán as axudas da Deputación de Ourense”.


MARISOL DÍAZ ENCABEZA UNHA CANDIDATURA PARA “OFRECER CERTEZAS, CONFIANZA E UNIDADE AOS OURENSÁNS”

Marisol Díaz Mouteira, que repite como número uno da lista por Ourense, foi a encargada de presentar aos seus compañeiros de candidatura, da que destacou a combinación de “nomes xa coñecidos con novas incorporacións e experiencia de xestión, con persoas que coñecen de primeira man o goberno da Xunta, a administración autonómica, o traballo parlamentario, a Galicia exterior, e unha das tarefas máis comprometidas e difíciles: a xestión local”.


Marisol Díaz marcou dous obxectivos fundamentais. No plano político “contribuír desde Ourense a unha cuarta maioría absoluta do PP en Galicia e a un cuarto mandato de Feijoó”. No ámbito da xestión, “traballar con humildade; ofrecer certezas, confianza e unidade aos ourensáns, e non unha lea de siglas repleta de concesións partidarias e moita letra pequena nos pactos”. 


“Poñémonos á túa disposición, presidente, -dixo-para deixar atrás esta terrible experiencia que marcou as nosas  vidas, e facelo con máis ánimo e forza que nunca, porque experiencia na xestión de momentos difíciles, como a crise económica, temos moita”.


Por suposto, engadiu a cabeza de lista por Ourense, “contribuiremos a unha Galicia mellor construíndo un Ourense mellor, este territorio que coñecemos como ninguén, que percorremos unha e outra vez e do que nos sentimos orgullosos porque temos moita xente con capacidade para explotar todo o noso potencial”, lamentando neste punto que haxa representantes políticos, como o responsable socialista en Ourense, “que van contra autónomos e pemes da provincia poñendo paos nas rodas ás axudas que a Deputación habilitou para autónomos e pemes, xusto cando máis as precisan”.

Non obstante, advertiu Díaz Mouteira, “para cimentar a Galicia e mailo Ourense dos próximos anos, antes hai que conseguir a confianza dos nosos veciños e veciñas para que nos ofrezan o seu apoio o 12 de xullo, para convencerlles, aínda que o viran nestes catro anos, que só hai unha opción para un futuro estable, pero nunca conformista: o Partido Popular, que quere seguir construíndo Galicia, non repartila”. 
Con la tecnología de Blogger.