sábado, 20 de junio de 2020

Na catedral de Ourense no funeral polas vitimas da COVID-19

Hoxe desde as 11:30 horas na Catedral, o Bispo de Ourense, Monseñor Leonardo Lemos  Montanet, acompañado do Cabildo e o clero diocesano, celebrou un funeral por todas as persoas que perderon a vida durante a etapa de confinamento do  COVID-19. 

Lembráronse tamén aos sacerdotes D. José Rodríguez Gallego, quen foi Vicario para Asuntos económicos da Diocese, Padre Cesar Maside Nóvoa, quen foi Delegado Episcopal para a Vida Consagrada e o Pai José María López Maside  e os membros da Vida Consagrada Dña Teresa y Dña. Rosa Mari (Alianza de Jesús por María), Madre Florentina (Sierva de San José), Hermana Mercedes y Hermana Pilar (Religiosas del Divino Maestro).

Deste xeito, a Igrexa en Ourense uniuse ao desexo da Conferencia Episcopal Española e da sociedade, acompañando a cuantos sofren pola perda dos seus seres queridos en circunstancias tan dolorosas.

A celebración a que asistin realizouse respectando as condicións de aforo e demais medidas que as autoridades sanitarias esixen.