lunes, 25 de mayo de 2020

Reabre o Centro Comercial Ponte Vella

Visito esta mañá o centro comercial Ponte Vella de Ourense que  procedeu hoxe á súa reapertura.

E quedo moi satisfeito ao ver como se cumpren os protocolos de seguridade e hixiene fronte a pandemia  COVID-19 e garántese a seguridade dos traballadores e dos clientes.

Desde o inicio do estado de alarma, o Centro estivo aberto, na planta baixa o supermercado galego Gadis e na Fase 1 abriron outros locais de restauración.

Agora na Fase 2 súmanse a práctica maioría dos demais establecementos comerciais. E pronto estará operativo o cinema e un establecemento de lecer infantil.

Destaca a seguridade e a limpeza tanto dos peiraos de carga, como das áreas de clientes.

Nas entradas, hai persoal informando: están colocadas alfombras desinfectantes, hai puntos de entrega de máscaras e  dispensadores de xel  hidroalcohólico.

Tamén hai cámaras en todas as entradas para contar as persoas que acceden ao centro e saber en cada momento o número de persoas que hai no centro comercial, que non pode superar o 30 % para lugares comúns.

Os  ascensores e aseos están perfectamente indicados e son de uso individual. Hai circuítos no interior do Centro, debidamente sinalizados, para ordenar o desprazamento dos clientes respectando as distancias de seguridade.

Entrei en varios establecementos comerciais e constatei o ben acondicionado dos seus espazos, dispensadores de xel e anuncios dos aforos máximos autorizados. 

E un moi amable persoal que informaba de todo o necesario. Ben sinalizados os probadores, as caixas, etc.

Felicidades ao presidente Jorge Bermello, aos integrantes da directiva e ao xerente Marcos Vila.

Sen dúbida o centro comercial Ponte  Vella é un espazo protexido  COVID- 19 que dinamizará a actividade comercial, a economía e o emprego da Cidade. Que boa falta fai.