Os ourensáns volvemos a poder facer deporte e pasear


Por fin chegou o día en que os españois despois dun longo confinamento pola pandemia da COVID-19 puidemos saír das nosas casas para facer deporte nas franxas horarias autorizadas polo Goberno.
Ás 8,30 saín do meu domicilio correndo, pasei por diante da Comisaría de Policía, onde estaban os militares da BRILAT que ían comezar o seu traballo, e desde alí polas Lagoas subín ata a zona universitaria para continuar ata A Loña regresando  logo polas ribeiras do Miño,
Foi unha gran satisfacción ver a centenares de deportistas ourensáns correndo e persoas paseando a estas primeiras horas dunha mañá cunha temperatura excelente.
Nese percorrido puiden achegarme para facer exercicios as marxes do río Loña que levaba un bo caudal.
Puíden constatar un moi bo cumprimento das pautas de distanciamento tanto correndo como paseando. 
Coido que a xente está concienciada de que respectando as normas eliminaremos os riscos de contaxio.


Con la tecnología de Blogger.